O persoal do servizo de limpeza do Clínico mobilízase en demanda da readmisión dunha traballadora

O comité denuncia que a nova adxudicataria incumpre os acordos que lle permitiron gañar a contrata
29/12/17.
O persoal do servizo de limpeza do Hospital Clínico acordou en asemblea iniciar mobilizacións polo incumprimento dos acordos e do propio convenio colectivo por parte da nova adxudicaria, Grupo norte, co coñecemento e consentimento da Xerencia do CHUS. A primeira concentración tivo lugar a primeira hora de hoxe e xa anunciaron que continuarán nas próximas semanas de non se reincorporar á traballadora despedida.

Bombeiros/as reclaman a revisión do contrato coa empresa que xestiona o Consorcio de Pontevedra

 Persoal de Matinsa estivo no pleno da Deputación no que se debateu unha moción pedindo unha auditoría
29/12/17.
O persoal de Matinsa, empresa que xestiona o Consorcio Provincial contra Incendios de Pontevedra -que integra os parques comarcais do Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía-, percorreu hoxe as rúas da cidade en manifestación xunto a compañeiros/as das catro provincias galegas para denunciar os incumprimentos da compañía. A mobilización foi convocada polo comité coincidindo co debate no pleno da Deputación dunha moción para reclamar a revisión do contrato.

Reclaman protección contra o radon para o persoal de limpeza das dependencias municipais de Ourense

Dende a CIG denuncian que o Goberno local só trasladou das zonas afectadas aos funcionarios/as
28/12/17.
A Unión Comarcal da CIG de Ourense vén de reclaman a adopción das medidas de prevención necesarias para protexer a saúde de todo o persoal que presta servizo nas dependencias municipais nas que se detectaron niveis de gas radon superiores aos recomendados. Dende a central denuncian que o Goberno local trasladou funcionarios/as das zonas afectadas pero mantén as traballadoras/es da limpeza.

A CIG gaña as eleccións en Avanza, empresa de servizos que traballa para Gefco

A federación de Servizos de Vigo logrou tres dos cinco delegados/as que se escollían no comité
26/12/17.
A federación de Servizos da CIG de Vigo vén de gañar as eleccións sindicais en Avanza, compañía de servizos que traballa para o grupo de transporte e loxística Gefco, ao lograr tres dos cinco delegados/as que se escollían no comité de empresa.

Delegados/as da CIG mobilízanse diante de Froiz en Ourense contra o incumprimento do convenio

Denuncian excesos de xornada, traslados e cambios de postos sen xustificación e prohibición de gozar dos días de asuntos propios
20/12/17.
Un grupo de delegados/as da CIG-Servizos de Ourense desenvolveu hoxe unha concentración diante dun supermercado da marca Froiz para denunciar publicamente que a empresa incumpre o convenio colectivo do sector do Comercio de Alimentación que asinou. En concreto, sinalan a realización de excesos de xornada, os traslados e cambios de postos sen xustificación e a prohibición de gozar dos tres días de asuntos propios.

Convocada folga indefinida no servizo de recollida do lixo de Ponteareas para reclamar uns soldos dignos

O persoal de FCC ingresa pouco máis do Salario Mínimo e aspira a elevar as nóminas até os 1000 euros
12/12/17.
O cadro de persoal de FCC, concesionaria da recollida do lixo do Concello de Ponteareas, decidiu finalmente convocar folga indefinida a partir do vindeiro luns 18 para reclamar un novo convenio colectivo que fixe uns soldos dignos. Os 20 traballadores/as do servizo, cunha xornada que se estende de luns a sábado, ingresan pouco máis do Salario Mínimo Interprofesional e aspiran a elevar as nóminas até os 1000 euros mensuais.

Distribuir contido