Compostela acollerá a IV Xornada Nacional de Seguridade Privada da CIG-Servizos

xornada_seguridade_20091015.jpg
07/10/09.
O Hotel Congreso de Compostela acollerá o 15 de outubro a celebración da IV Xornada Nacional de Seguridade Privada que organiza a CIG-Servizos. No encontro informarase da negociación do convenio e analizaranse a estratexia no sector a curto e medio prazo, ademais do intrusismo ou as eleccións sindicais, entre outros temas.

Case medio milleiro de traballadores acode ás asembleas do Comercio de Alimentación coruñés

asemblea_com_alim_corunha_20091004.JPG
06/10/09.
As asembleas de persoal do Comercio de Alimentación celebradas na noitiña do 5 de outubro na Coruña, Compostela e Ferrol lograron congregar, entre as tres, preto de 500 empregados do sector. Os sindicatos convocantes informaron do bloqueo da negociación do convenio provincial.

CIG-Servizos animou os traballadores a se mobilizar para plantarlle cara a unha patronal arrogante que propón mesmo a baixada de salarios.

O Comité Interempresas de SOGAMA reúnese con responsábeis da Consellaría de Medio Ambiente

01/10/09.
Membros do Comité Interempresas do Complexo Medioambiental de SOGAMA mantiveron o 2 de outubro unha xuntanza co director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta para abordar os problemas xerados arredor do SIGRE, planta de procesamento de residuos santiario-farmacéuticos.

A reunión fora solicitada polos representantes dos traballadores logo dunhas declaracións do conselleiro de Medio Ambiente nas que acusaba o persoal de se negar a manipular residuos sanitarios.

Unhas 200 persoas concéntranse diante dun xeriátrico Mapfre para reclamar un convenio digno no sector

01/10/09.
Traballadores das residencias privadas da Terceira Idade e delegados e delegadas da CIG e de CCOO iniciaron na mañá do 1 de outubro en Compostela as mobilizacións a prol dun convenio digno e con dereitos para un sector que ocupa máis de 5.000 persoas no noso país.

O persoal, maioritariamente feminino e cuns salarios que se aproximan aos 800 euros, acordou iniciar protestas logo da ruptura da mesa de negociacións, o pasado 17 de setembro, ante a postura intransixente da patronal e as pretensións de recortar os dereitos dos traballadores/as.

Os comités de SEAGA instan os traballadores a que denuncien en masa a empresa

Asemblea e manifestación de SEAGA 11
01/10/09.
Os comités provinciais de SEAGA animan os traballadores a denunciaren a empresa masivamente pola fraude na contratación, demostrada por sucesivas sentenzas xudiciais e informes da Inspección de Traballo. Xa se están a producir de maneira gradual os despedimentos do persoal de extinción como consecuencia da finalización da campaña de lumes.

Convocadas asembleas do Comercio de Alimentación en Ferrol, na Coruña e Compostela

Concentración nun GADIS de Betanzos en 2007
30/9/09.
O 5 de outubro os traballadores e traballadoras do Comercio de Alimentación da provincia da Coruña están convocados a asembleas en Compostela, Ferrol e na cidade herculina para debater acerca da situación da negociación do convenio, bloqueada por mor das propostas regresivas dos empresarios.

Distribuir contido