"Na limpeza do Hospital Arquitecto Marcide, Ferrovial reprime e o Sergas consinte"

Traballadoras/es do servizo retoman as mobilizacións para denunciar os recortes de persoal e dereitos
09/11/17.
Traballadoras e traballadores de Ferrovial (empresa encargada do servizo de limpeza do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, CHUF) retomaron este xoves as mobilizacións para esixir á compañía que cese as represalias e para demandar a recuperación dos postos de traballo e "os dereitos que nos roubaron".

Concentracións na provincia da Coruña pola negociación do convenio colectivo de comercio vario

Están convocadas pola CIG, UGT e CCOO ás 12:00 horas, en Ferrol, A Coruña e Compostela
08/11/17.
Traballadores/as do sector de comercio vario concentraranse este venres día 10 de novembro, ás 12:00 horas, nas cidades da provincia da Coruña para denunciar a negativa da patronal a constituír a mesa negociadora. En Compostela a concentración está prevista diante do Zara da Praza de Galiza; na Coruña, na Praza de Lugo e en Ferrol, diante do centro comercial Odeón. Ademais, o mércores 15 está prevista mobilización diante da CEC, o venres día 17 repetiranse as protestas e continuarase coas mobilizacións mentres non haxa resposta da patronal. O convenio afecta a todo o sector na provincia agás grandes almacéns.

Persoal da seguridade privada maniféstase por un convenio que remate coa precariedade no sector

Este mércores hai mesa en Madrid na que previsibelmente se asinará un preacordo "de retroceso"
07/11/17.
Traballadores e traballadoras da seguridade privada manifestáronse este martes polas rúas da Coruña en rexeitamento ao preacordo para o convenio colectivo estatal que, previsibelmente, se asinará mañá en Madrid entre a patronal Aprosec e as centrais sindicais UGT, CCOO e USO. Isto suporá manter a perda de dereitos salariais e laborais que vén padecendo o persoal dun sector que en Galiza ocupa a unhas 2.500 persoas.

O persoal de Bershka decide por unanimidade aceptar o acordo e desconvocar a folga

A empresa incorporará melloras sociais e avanzará na equiparación salarial de todo o persoal
04/11/17.
O cadro de persoal de Bershka na provincia de Pontevedra decidiu por unanimidade en asemblea aceptar o preacordo pactado onte entre e representación sindical e a dirección e desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado venres 26 de outubro para denunciar a discriminación laboral con respecto ás compañeiras/os doutras provincias. O acordo contempla a incorporación de todas as medidas sociais que reclamaban e avanza na equiparación salarial, xa que Berskha terá que pagarlles 120 dos 130 euros en pluses que cobran o persoal da Coruña.

Novena xornada de folga en Bershka: "Non nos moverán, queremos traballar en igualdade salarial"

O cadro de persoal volveuse mobilizar diante da sede central do grupo Inditex en Arteixo
03/11/17.
As traballadoras/es das tendas Bershka da provincia de Pontevedra cumpriron hoxe o noveno día de folga consecutiva para esixir que se equiparen as súas condicións laborais e salariais coas que se aplican nas tendas da firma doutras provincias. Unha xornada máis, o persoal secundou a folga ao 100%, polo que as tendas de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía permanecen pechadas. Para as catro e media desta tarde esta convocada unha xuntanza coa empresa en Arteixo, a onde as traballadoras volveron levar este venres as súas demandas.

O persoal de Bershka ratifica en asemblea seguir coa folga ante a proposta insuficiente da empresa

As traballadoras/es volverán mobilizarse este venres diante da sede de Inditex en Arteixo
02/11/17.
O cadro de persoal de Bershka na provincia de Pontevedra ratificou na asemblea celebrada este mércores continuar coa folga ao considerar insuficiente a proposta da empresa, que se nega a equiparar salarialmente as traballadoras/as pontevedresas coas da Coruña. Deste xeito, o paro indefinido chegou hoxe ao seu oitavo día cun seguimento do 100% e co peche das cinco tendas da provincia, mentres que este venres as empregadas/os volverán mobilizarse diante da sede de Inditex en Arteixo.

Distribuir contido