Acordo da comisión paritaria

Convenio: 
Tipo de acordo: 
Revisión
Validez temporal: 
Sun 01/01/17 - Mon 31/12/18

Esta comisión entende que o concepto «axuda de custo» recollido na última liña do número 1 do artigo 19 do convenio é unha axuda de custo que pretende compensar o gasto en tal concepto devindicado durante o tempo transcorrido entre o remate da sesión vermú ata a actuación da noite.O seu importe, 40 €, recóllese no artigo 27 «Axuda por sesión vermú» e, polo tanto, o dito importe ten a consideración de axuda de custo e con esa finalidade foi fixada pola mesa negociadora do convenio. De conformidade co reflectido no parágrafo anterior, a axuda por sesión vermú, que non ten a consideración de salario, non pode ser obxecto de procedemento de inaplicación do presente convenio colectivo, conforme o referido no artigo 82.3.d) do Estatuto dos traballadores.

AdxuntoTamaño
Acordo da comisión paritaria281.08 KB