Acta 4ª: 3 de xullo. A patronal quere empeorar as condicións laborais do persoal

03/7/09.

Acta 4ª.

A patronal do Comercio de Alimentación da Provincia da Coruña presentou, na cuarta reunión da mesa negociadora, unha oferta lesiva para os intereses dos traballadores. A proposta empresarial fundaméntase nos seguintes puntos:

  1. Convenio de catro anos (2009-2012)
  2. Aumentar a 30 días por ano a indemnización en caso de extinción de contrato por non aceptar un traslado (agora son 25).
  3. Rebaixa do prezo das horas extras en domingos e festivos ao 100% (actualmente é dun 175%).
  4. Vacacións: os empresarios pretenden rebaixar o que está marcando actualmente a xurisprudencia europea pois propoñen que só se recuperen en caso de coincidir con accidentes laborais.
  5. Suba salarial: 1% todos os anos, excepto en 2012, que sería do 1´5%, axustándose a fin de ano ao IPC real. Isto é, a patronal só ofrece o IPC real, podendo este ser negativo coa conseguinte baixada dos salarios.
  6. Suba da axuda escolar de 60´22 a 66 euros anuais.
  7. Aparente suba da nocturnidade dun 20% a un 25%. Mais a patronal pon como condición para percibila que se traballe, polo menos, un terzo da xornada anual en horario nocturno. En caso contrario, non se cobraría nada.

Información relacionada

AdxuntoTamaño
ACTA_IV_3-7-09.pdf14.36 KB