Acta 7ª: Rompen as negociacións no convenio de Instalacións deportivas

05/11/09.A parte social rexeitou a última oferta dos empresarios das Instalacións deportivas, despois de analizala e sometela a debate nas asembleas de traballadores. O vindeiro 11 de novembro os delegados do sector están convocados a unha asemblea, ás 10:30 horas no local da UGT de Compostela, para estabelecer un calendario de mobilizacións.

CIG-Servizos, CC.OO e UGT entenden que as diferenzas son moi grandes nos principais puntos sometidos a debate (tratamento económico, garantía ad personam, xornada e Incapacidades Temporais). Os empresarios presentaran a súa última proposta na reunión da mesa negociadora do 22 de outubro.

AdxuntoTamaño
Acta_7_deportes.pdf428.75 KB