Acta 9ª: Os empresarios están dispostos a estudar a oferta sindical nas instalacións deportivas

13/1/10.A reunión celebrada no Consello Galego de Relacións Laborais o 14 de xaneiro para achegar posturas no conflito das instalacións deportivas serviu para que os empresarios comunicasen a súa disposición a estudar a oferta sindical presentada hai un mes. A parte social desconvocou a xornada de folga do 20 de xaneiro como mostra de boa vontade. Ese mesmo día, patronal e representantes dos traballadores volveranse reunir.

Non obstante, a convocatoria de folga mantense para os días 16, 17, 18 e 19 de xaneiro, xornadas nas que tamén se desenvolverán mobilizacións por todo o país.

Proposta sindical:

-Salario base: 1.000 euros no ano 2012 en 14 pagas para as categorías que no convenio estatal cobran 713 euros no ano 2009.

-Vixencia até o 31 de decembro de 2012.

-Xornada: limitar a distribución irregular para os contratos inferiores a trinta horas semanais.

-Xornada anual: ano 2009, 40 horas. 2010, 39 horas. 2011, 38 horas e 2012, 37 horas.

- IT: 100% para os que xa a gocen, enfermidades profesionais, hospitalización e do primeiro ao quinto días de continxencias comúns e, a partir do sexto, o 85%.

-Atrasos: aboamento dos atrasos de 2009, nos termos que se pacten.

AdxuntoTamaño
Acta_9_instalacions_deportivas.pdf165.84 KB