Asinada a revisión salarial de 2012

23/1/12.

A Comisión Paritaria do convenio do comercio de alimentación da provincia de Ourense asinou as táboas salariais do ano 2012, en cumprimento do artigo 10 do texto. Dito precepto estabelece que o incremento salarial é de 30 euros lineais para cada ano de vixencia.

Por outra banda, todos os traballadores han percibir en concepto de gratificación de actividades 55,17 euros, cantidade que será aplicada en 12 mensualidades.