Asinadas as táboas do ano 2010

19/1/12.

As partes social e empresarial asinaron as táboas salariais do ano 2010 do convenio de empresas organizadoras do xogo do bingo. Os salarios incrementaranse un 3%, de acordo co IPC real de 2010.

Empresarios e sindicatos tamén acordaron que o 1 de marzo sexa a data tope para o pagamento dos atrasos correspondentes aos anos 2010, 2011 e primeiros meses do 2012.

As partes reuniranse o 5 de xuño aos efectos de comprobar a situación do sector, analizar as actuacións que fican por desenvolver coa administración autonómica para cumprir os acordos sectoriais vixentes, así como estabelecer os incrementos retributivos para os anos 2011 e 2012.