Asinado o convenio de Axuda a Domicilio

02/11/09.O texto rubricado estabelece unha vixencia de tres anos (2009-2011) e unha equiparación salarial co convenio estatal, isto é, do IPC real máis 2 puntos. Os auxiliares de servizo de Axuda no Fogar percibirán 746 euros en concepto de atrasos de 2008. En canto aos de 2009, acordouse que sexan a diferenza entre o salario aboado este ano polo convenio galego e as táboas do estatal.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2009, as partes acordaron unha equiparación retributiva co convenio estatal en todos os conceptos, incluída a antigüidade real de cada traballador en todos os trienios que teñan xerados na antedita data. Por outra banda, o tempo de desprazamento tamén se considera tempo efectivo de traballo.

Ademais, o novo convenio contempla un seguro colectivo de accidentes por unha contía de 18.100 euros.