Asinado o Convenio de Grandes Almacéns coa exclusión da CIG da mesa negociadora

07/8/09.Confirmáronse os peores augurios. O convenio de Grandes Almacéns foi asinado o 5 de agosto en Madrid entre os sindicatos FASGA e FETICO e mais a patronal ANGED. A CIG-Servizos non puido acudir á cita dado que foi comunicada tarde de xeito completamente intencionado.

O escurantismo e a falta de información caracterizaron a negociación do convenio de Grandes Almacéns, de ámbito estatal. A CIG-Servizos vincula a súa exclusión das últimas xuntanzas da mesa negociadora coa pretensión das centrais amarelas e da patronal de eliminar calquera elemento molesto que cuestione o statu quo das relacións laborais do sector dos Grandes Almacéns. 

A CIG-Servizos seguirá a informar acerca deste tema aos traballadores e traballadoras.