Asinado o convenio dos anos 2011-2012
25/4/11.
Sindicatos, entre eles a CIG-Servizos, asinaron coa patronal, o 25 de abril, o convenio do comercio de alimentación da provincia de Ourense dos anos 2011-2012. Pactouse, entre diversos aspectos, unha suba de 30 euros ao mes para cada ano de vixencia, un incremento do plus de actividade do 3´6% para o 2011 ou que nas empresas con máis de 30 traballadores haxa un mínimo do 75% de emprego fixo.Puntos principais do convenio:
- Vixencia: 2 anos
- Plus de actividade: 3´6% para o ano 2011
IPC real de 2011 para o ano 2012
- Incremento salarial: 30 euros ao mes para cada ano de vixencia.
- Vacacións: Se antes do período vacacional o traballador estivese en situación de IT, sinalarase un novo período ao termo de esta.
- Quilometraxe: pagarase a 0,21 euros.
- Modalidades de contratación: As empresas con máis de 30 traballadores terán como mínimo un 75% de emprego fixo.
- Contrato a tempo parcial: aqueles traballadores cuxa xornada sexa igual ou inferior a 4 horas diarias realizarana de forma continuada, nunha soa quenda.
- Traballadoras vítimas de violencia de xénero: en caso de que a traballadora tivese un contrato a tempo parcial terá preferencia a optar ás vacantes de contrato a tempo completo e viceversa.
- Taboleiro de anuncios: todas as empresas facilitarán un taboleiro de anuncios que deberá estar situado nunha zona accesíbel e de paso a todos os traballadores, no que todos os sindicatos con representación no convenio poderán colocar os seus comunicados.



