Atinxido un preacordo: Acta 8
Tras oito xuntanzas de mesa negociadora, sindicatos e patronal alcanzaron un preacordo sobre o convenio de Axuda a Domicilio. O texto pactado polas partes contempla unha vixencia de tres anos (2009-2011) e unha equiparación salarial co convenio estatal, isto é, do IPC real máis 2 puntos.
En canto aos atrasos de 2008, acordouse que os auxiliares de servizo de Axuda no Fogar perciban 746 euros por este concepto. En canto aos de 2009, estabeleceuse que sexan a diferenza entre o salario aboado este ano polo convenio galego e as táboas do estatal. Ditos atrasos poderán ser pagados ao longo da vixencia do novo convenio.
Con efectos do 1 de xaneiro de 2009, as partes acordaron unha equiparación retributiva co convenio estatal en todos os conceptos, incluída a antigüidade real de cada traballador en todos os trienios que teñan xerados na antedita data. Por outra banda, o tempo de desprazamento tamén se considera tempo efectivo de traballo.
O vindeiro 3 de novembro, sindicatos e empresarios volveranse reunir para a redacción e sinatura do texto do preacordo definitivo.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| acta_8_preacordo_axuda_no_fogar.pdf | 2.2 MB |



