A Audiencia Nacional anula o artigo 7 do convenio

03/11/10.

A Sala do Social da Audiencia nacional estimou unha demanda interposta pola UGT e anulou o artigo 7 do convenio. Este tribunal declara que as materias enumeradas neste artigo (organización, xornada, tempo de traballo, descanso semanal, vacacións, xubilación, estrutura retributiva e salarios, licenzas e excedencias, dereitos sindicais e formación) “non poden ser reservadas en exclusiva á negociación estatal e poden ser obxecto de negociación e mellora en ámbitos inferiores ao estatal, incluído o de empresa”.