Folga xeral contra a reforma laboral
O 29 de setembro está convocada en todo o Estado unha folga xeral en contra da reforma laboral aprobada polo Goberno español a través do Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo. A norma entrou en vigor o 18 de xuño, o 22 dese mes foi convalidada polo Congreso español e na actualidade está a ser tramitada como proxecto de lei, polo que é susceptíbel de ser modificada.
O decreto-lei, á parte de abaratar o despedimento, dá máis facilidades aos empresarios para despediren os traballadores por motivos obxectivos (con indemnizacións de 20 días por ano traballado), ofrece a posibilidade de que os patróns se descolguen das táboas salariais marcadas nos convenios ou dá máis poder ás Empresas de Traballo Temporal, que poderán inserirse en sectores antes vetados para elas.



