A Coruña

Traballadores de deportes acampan indefinidamente na Coruña

20100304_acampada_deportes_corunha
05/3/10.
Traballadores e traballadoras das instalacións deportivas iniciaron unha acampada indefinida no xardín da praza coruñesa onde teñen as sedes a delegación da Xunta e a Confederación de Empresarios. Preténdese que esta acción sirva para cominar a patronal a negociar e a desbloquear o conflito. No campamento participan empregados de diferentes puntos da provincia.

Persoal da limpeza de todo o país solidarízase coas despedidas nun Alcampo de Vigo

20100304_alcampo_vigo.jpg
05/3/10.
Concentracións simultáneas ás portas dos Alcampo de Coia (Vigo), A Coruña, Ferrol e Compostela mostraron, o 4 de marzo, a solidariedade coas 12 traballadoras da limpeza despedidas recentemente na cidade olívica ao non seren subrogadas á nova contrata do servizo.

CIG-Servizos protesta contra o despedimento dun afiliado en Eroski

20100224_eroski_corunha.jpg
24/2/10.
Delegados sindicais e traballadores de Vegalsa-Eroski realizaron o 24 de febreiro unha concentración en coincidencia coa inauguración dun novo hipermercado na Coruña para protestar contra o despedimento dun afiliado que conformaba a candidatura para as eleccións sindicais. A concentración tamén serviu para censurar a explotación laboral e a persecución sindical na empresa.

Os traballadores de Francisco Parada mobilízanse para reclamar o cobro dos atrasos

20100224_francisco_parada.jpg
18/2/10.
O persoal de Francisco Parada, empresa dedicada á comercialización e instalación de materiais de alta gama para cuartos de baños, iniciou o 18 de febreiro mobilizacións na Coruña para reclamar o pagamento dos atrasos salariais, que en moitos casos chegan até os seis meses. Os traballadores tiveron que recorrer á Xustiza para conseguir a rescisión dos seus contratos, pois o empresario négase sistematicamente a proceder ao despedimento.

A brutalidade policial cébase cos bombeiros galegos

Carga contra bombeiros
29/1/10.
Diversas fontes falan dun total de cinco manifestantes feridos e de que dous deles tiveron que ser trasladados a centros hospitalarios. Este foi o balance de persoas damnificadas por mor da brutalidade policial desatada ao termo da manifestación de bombeiros celebrada na Coruña o 29 de xaneiro, que contou cun milleiro de asistentes. Os antidisturbios cargaron instantes despois de que a marcha chegase á Deputación provincial.

Os bombeiros de Galiza retoman a loita contra a privatización

20/1/10.
Asembleas ao longo e ancho do país e unha manifestación na Coruña prevista para o 29 de xaneiro que rematará na Deputación provincial son unha mostra dos actos programados para a nova etapa de mobilizacións dos bombeiros dos parques comarcais. Estes traballadores expresarán desta forma a súa desconformidade coa precariedade existente nas emerxencias, que son un servizo esencial para a comunidade e cuxa xestión está en mans de empresas privadas.

O persoal de instalacións deportivas traslada ás rúas as súas demandas

Marcha solidaria na Coruña por un convenio galego de instalacións deportivas 7
18/1/10.
Do mesmo xeito que en convocatorias anteriores, a terceira fase na folga de instalacións deportivas está a rexistrar un amplo seguimento que se visualiza co peche de ducias de centros por toda a xeografía nacional. Mentres, marchas solidarias cos traballadores e traballadoras do sector percorreron as rúas coruñesas e ferrolás o 17 de xaneiro.

A terceira fase dos paros nas instalacións deportivas comeza o 16 de xaneiro

20100114_folga_deportes
14/1/10.
Se a patronal non o remedia, o 16 de xaneiro dará comezo a terceira fase da folga nas instalacións deportivas de Galiza. Os paros estenderanse até o día 20 deste mes e, de non haber acordo, a medida de presión converterase en indefinida desde o 1 de febreiro. Por outra banda, os traballadores realizarán, o 17 de xaneiro, unha marcha reivindicativa na Coruña que partirá ás 12:00 horas desde o Palacio de Deportes de Riazor e que concluirá na praza de María Pita.

As protestas da limpeza do CHUAC chegan até as portas do Centro de Especialidades do Ventorrillo

20100108_limpeza_ventorrillo.jpg
09/1/10.
As traballadoras e os traballadores do servizo de limpeza dos centros adscritos ao CHUAC continúan nestes primeiros días do ano co calendario de mobilizacións en demanda do cumprimento dos convenios colectivos e na defensa dos seus dereitos laborais. As protestas trasladáronse o 8 de xaneiro até o Centro de Especialidades do Ventorrillo.

Traballadores dos xeriátricos espallan cueiros usados diante da Delegación de Benestar na Coruña

20091217_xeriatricos_corunha_01.JPG
17/12/09.
O persoal das residencias privadas da terceira idade retomou o 17 de decembro na Coruña o calendario de mobilizacións con concentracións diante do xeriátrico Concepción Arenal, xerido por Mapfre-Quavitae, e da Delegación Territorial da Consellaría de Traballo e Benestar, en cuxas portas algúns manifestantes espallaron cueiros usados en sinal de rexeitamento pola inhibición deste departamento autonómico.

Distribuir contido