Adolfo Naya

O sindicato mobilízase contra a represión do Goberno español

20110628 Concentración fronte á Delegación do Goberno en contra da represión sindical
28/6/11.
Varios centos de traballadores e traballadoras, delegados e cadros do sindicato déronse cita na Coruña, o 28 de abril, na concentración organizada diante da Delegación do Goberno español contra a represión exercida polo Estado contra a Federación. En 2010 as diferentes Subdelegacións impuxéronlles a 70 afiliados sancións que superan os 40.000 euros. Ademais, existen peticións de cadea para dous militantes, Adolfo Naya e Marcos Cadórniga, por ter exercido os dereitos fundamentais á folga e á liberdade sindical.

Paremos a represión sobre a CIG-Servizos! Concentración na Coruña o 28 de xuño

20080501_mobilizacion.jpg
22/6/11.
Solicitudes de penas de prisión contra dous militantes e máis de 40.000 euros en sancións administrativas a 70 afiliados son parte das represalias do Estado español contra a CIG-Servizos. A Federación, en resposta a estes ataques, organiza unha concentración diante Delegación do Goberno español, na Coruña, o 28 de xuño ás 11:00 horas. Adolfo Naya, secretario nacional de Organización, enfróntase a unha petición de catro anos de cadea pola súa participación na folga de instalacións deportivas. Ao compañeiro Marcos Cadórniga solicítanlle penas de 6 meses a 3 anos de prisión e outra de 10 meses de privación de liberdade tamén por tomar parte en diferentes conflitos laborais.

Deteñen o compañeiro Adolfo Naya pola súa participación na folga de deportes

17/3/10.
Segunda detención dun membro da CIG-Servizos nunha semana pola súa participación na folga das instalacións deportivas. Desta volta trátase do liberado da Federación comarcal da Coruña Adolfo Naya. O compañeiro, que xa recobrou a liberdade, está acusado da presunta comisión dun delito de coaccións. Non é casual que esta e a anterior detención se producisen unha vez que se desconvocou a folga no sector. Tal circunstancia representa unha vendeta particular da Subdelegación do Goberno español, en conivencia coa patronal, para criminalizar o sindicato.

Distribuir contido