Alcampo

Readmitidas as 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia

Protesta Alcampo Coia
22/3/10.
As 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia (Vigo) que foran despedidas reincorporáronse o 22 de marzo aos seus postos logo de que a multinacional francesa recapacitase e optase por cambiar de contrata do servizo e esta aceptase subrogar as empregadas. CIG-Servizos felicítase por este desenlace satisfactorio ao conseguírense a readmisión das compañeiras e o cumprimento do convenio.

Persoal da limpeza de todo o país solidarízase coas despedidas nun Alcampo de Vigo

20100304_alcampo_vigo.jpg
05/3/10.
Concentracións simultáneas ás portas dos Alcampo de Coia (Vigo), A Coruña, Ferrol e Compostela mostraron, o 4 de marzo, a solidariedade coas 12 traballadoras da limpeza despedidas recentemente na cidade olívica ao non seren subrogadas á nova contrata do servizo.

Trescentos delegados protestan contra os despedimentos na limpeza dun Alcampo vigués

20100210_limpeza_alcampo_vigo_3.jpg
11/2/10.
Delegados de CIG-Servizos e doutros sindicatos concentráronse o 10 de febreiro ás portas do Alcampo de Coia (Vigo) como mostra de rexeitamento contra o despedimento de 12 traballadoras da limpeza que non foron subrogadas á empresa que recentemente se fixo cargo do servizo, “Amil Lago Servicios Generales S.L.”. A protesta estivo controlada de preto por un amplo dispositivo policial, que os sindicatos non dubidaron en cualificar de abusivo e coercitivo.

Despedidas 12 traballadoras da limpeza nun Alcampo vigués ao non seren subrogadas

20100205_limpeza_alcampo.jpg
05/2/10.
O cambio de contrata da limpeza nun Alcampo vigués supuxo o despedimento de 12 traballadoras que non foron subrogadas á empresa que se fixo cargo do servizo, “Amil Lago Servicios Generales S.L.”. Dita situación contravén o estipulado no Estatuto dos Traballadores e no convenio de aplicación, o de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra. O persoal estase a mobilizar para denunciar esta ilegalidade.

A cadea de restaurantes “Agapes-Flunch” despide tres afiliadas en Vigo

20100113_flunch_vigo.2.jpg
14/1/10.
A cadea de restaurantes “Agapes-Flunch” despediu nos días pasados tres afiliadas da CIG-Servizos no centro de traballo situado no Alcampo de Coia, en Vigo. As compañeiras tiñan unha antigüidade na empresa próxima aos 25 anos e dúas delas foran delegadas do comité. A compañía alega causas económicas nos despedimentos, extremo que non comparte a central nacionalista. CIG-Servizos organizou unha concentración solidaria o 13 de xaneiro ás portas deste estabelecemento hostaleiro.

Os comités dos Alcampo de Vigo proseguen coas mobilizacións contra o cambio de horarios

09/1/10.
Continúan as concentracións do persoal dos Alcampo de Vigo contra a intención da empresa de modificar os horarios de maneira unilateral. Traballadores e traballadoras, apoiados pola CIG-Servizos, mobilizáronse o 7 de xaneiro ás portas dos estabelecementos que a multinacional francesa posúe en Coia e na avenida de Madrid.

Os empregados dos Alcampo vigueses mobilizaranse contra o cambio de horarios

16/12/09.
A asemblea de traballadores/as dos Alcampo de Vigo decidiu presentar un conflito colectivo e mobilizarse contra a modificación dos horarios imposta pola multinacional francesa de grandes almacéns. As primeiras concentracións celebraranse os días 19 e 23 de decembro.

Distribuir contido