asemblea

Convocadas asembleas do Comercio de Alimentación en Ferrol, na Coruña e Compostela

Concentración nun GADIS de Betanzos en 2007
30/9/09.
O 5 de outubro os traballadores e traballadoras do Comercio de Alimentación da provincia da Coruña están convocados a asembleas en Compostela, Ferrol e na cidade herculina para debater acerca da situación da negociación do convenio, bloqueada por mor das propostas regresivas dos empresarios.

O persoal de SEAGA segue sen saber cal vai ser o seu futuro

Protesta de SEAGA no mitin do PP en Silleda 1
28/9/09.
As mobilizacións do cadro de persoal da empresa pública SEAGA seguen adiante. Traballadores e traballadoras trasladáronse até Silleda o 26 de setembro para facer ouvir as súas demandas ante os dirixentes da Xunta que asistiron a un mitin do Partido Popular.

Uns 30 empregados de SEAGA, convocados polos comités provinciais, concentráronse nos accesos ao recinto feiral de Silleda onde nese momento se estaba a celebrar un acto partidario do PP. Os traballadores portaron faixas cos lemas “Servizo público, emprego estábel”, “SEAGA solución” e “Persoal SEAGA, futuro?".

200 persoas acoden en Vigo á asemblea de persoal do Comercio de Alimentación pontevedrés

asemblea_vigo_com_ali_pont_20090917.jpg
18/9/09.
200 persoas asistiron á asemblea do persoal do Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra celebrada en Vigo na noitiña do 17 de setembro, convocada polos sindicatos CIG, UGT, CC.OO, FETICO e USO en relación co estancamento da negociación do convenio.

Os representantes dos e das traballadoras informaron os asistentes das intencións dos empresarios de ofertar un incremento salarial do 1% para o 2009, un convenio con catro anos de vixencia, conxelar a antigüidade, eliminar as baixas ao 100%, así como suprimir a compensación e absorción.

Distribuir contido