atrasos salariais

Traballadoras de Los Telares, sen cobrar e sen ocupación porque non se aprovisiona as tendas

A empresa, dedicada á venda de roupa, conta cunha tenda en Espacio Coruña e outra en Betanzos
12/5/15.
A CIG-Servizos da Coruña quere denunciar publicamente a situación que están padecer as traballadoras da cadea téxtil “Los Telares”, ás que empresa aínda non pagou o salario de abril, teñen pendente de recibir dúas pagas extraordinarias e nestes momentos atópanse sen ocupación efectiva porque a dirección non aprovisiona as tendas de roupa, e polo tanto non poden atender a demanda da clientela.

Concentración na cafetería En Panes contra os atrasos nos salarios e a persecución a traballadoras

A empresa vén de pagar parte da mensualidade de febreiro a todo o persoal, agás á delegada e afiliadas á CIG
25/3/15.
A CIG-Servizos realizou unha concentración este mércores diante da cafetería En Panes (Ferrol) para denunciar os reiterados atrasos no cobro dos salarios e a persecución a determinadas traballadoras, nomeadamente á delegada e ás afiliadas á central nacionalista.

As traballadoras de Cleanet Ferrol continuarán en folga por “dignidade” até o 8 de marzo

Ao día seguinte incorporaranse aos seus postos, tras 132 días de paro, e logo de coñecer que a empresa está en concurso
10/2/15.
Baixo a premisa de que “a dignidade non se merca, senón que se demostra”, as máis de 50 traballadoras de Cleanet Empresarial en Ferrol acordaron continuar coa folga iniciada o pasado 27 de outubro, logo de coñeceren que a empresa vén de entrar en concurso de acredores. A folga estenderase até o vindeiro 8 de marzo, data especialmente simbólica para unha loita como a que este grupo de mulleres vén desenvolvendo dende hai meses.

As traballadoras de Cleanet Ferrol cumpren este sábado dous meses en folga

O persoal continúa co paro indefinido pero acordou suspender temporalmente a acampada para poder pasar o nadal coas súas familia
23/12/14.
As traballadoras de Cleanet –empresa que ten a concesión dos servizos de limpeza das instalacións de Defensa- cumprirán o vindeiro sábado, 27 de decembro, dous meses en folga indefinida en demanda do cobro dos seus salarios. O persoal que, ao tempo do paro, está desenvolvendo unha acampada no Cantón de Molíns, a carón do Arsenal Militar, critica que neste tempo nin a empresa, nin o Ministerio, fosen quen de achegar unha solución ao problema dos impagos.

Folga parcial no Hotel Jorge I e concentración no Gran Hotel de Lugo demandan o cobro dos salarios

As dúas empresas xa asumiron como práctica habitual os continuados atrasos no pago das nóminas ao persoal
19/12/14.
O lustre que desprenden as estrelas dos hoteis de luxo queda pronto ocultado por realidade laboral que teñen que sufrir os traballadores e as traballadoras. Destas situacións dan boa conta o persoal do Hotel Jorge I –que hoxe secundou unha folga parcial de tres horas- e do Gran Hotel de Lugo, que continúa coas mobilizacións semanais en demanda do cobro dos seus salarios.

Intensifícanse as mobilizacións do persoal de Linorsa polos atrasos no pago dos salarios

Dende a CIG-Servizos demándase das administracións que rescaten as concesións ante os reiterados incumprimentos da empresa
19/11/14.
As protestas que as traballadoras e traballadores de Limpiezas de Noroeste (Linorsa) veñen desenvolvendo dende o verán, estanse a intensificar nestes días ante os reiterados incumprimentos no pago dos salarios. E mentres o persoal de Ourense segue coa folga, as traballadoras/es de Pontevedra, Vigo e Lugo realizaron novas concentracións este mércores.

Presentada denuncia contra Defensa por vulneración do dereito á folga das traballadoras de Cleanet

A CIG de Ferrol denuncia que se está a suplir ás folguistas, que xa suman tres semanas de paro, con persoal militar
18/11/14.
A CIG-Servizos de Ferrol anunciou este martes en rolda de prensa que se vén de presentar unha denuncia contra o Ministerio de Defensa por vulneración do dereito á folga das traballadoras e traballadores de Cleanet –empresa que ten adxudicados servizos de limpeza das instalacións militares en todo o estado-, xa que o propio persoal militar está a realizar as tarefas de limpeza.

As/os traballadoras/es de Linorsa de Lugo continúan as protestas contra os atrasos no pago dos salarios

A empresa aínda abonou onte o 75% do salario de setembro que tiña pendente
04/11/14.
O persoal de Linorsa –empresa que ten adxudicadas contratas de limpeza das distintas administracións en toda Galiza- vese obrigado a continuar coas mobilizacións ante os reiterados atrasos no cobro dos salarios. Para enfrontar esta situación, a CIG-Servizos de Lugo desenvolve ao longo desta semana protestas en varios centros da provincia.

Traballadoras/es de Cleanet secundan masivamente a cuarta xornada de folga polo cobro dos seus salarios

A empresa, adxudicataria dos servizos de limpeza das instalacións de Defensa, adebeda ás nóminas de setembro
30/10/14.
As traballadoras e traballadores de Cleanet, empresa que ten a concesión dos servizos de limpeza do Arsenal de Ferrol, continuaron este xoves coa folga indefinida iniciada o pasado luns para esixir o cobro inmediato dos salarios atrasados. A día de hoxe, Cleanet ten pendente de pago as nóminas de setembro pero o persoal teme que, á vista de como está actuando, tampouco vai cobrar a mensualidade de outubro.

“Linorsa non paga e as administracións calan”

Persoal dos servizos de limpeza na Coruña mobilizouse en demanda do cobro dos seus salarios e non descarta ir á folga indefinida
28/10/14.
Traballadoras e traballadores dos servizos de limpeza que Linorsa ten adxudicados na cidade da Coruña (Estación de Autobuses, Delegación e Subdelegación do Goberno, Universidade, Aduanas, AENA, e museos científicos municipais) mobilizáronse este martes para reclamar o cobro dos seus salarios, xa que a día de hoxe, a empresa só abonou o 25% da nómina de setembro e témese que tampouco pague a mensualidade de outubro.

Distribuir contido