atrasos salariais

A situación en Cátering Caranza segue a deteriorarse con máis de catro nóminas pendentes de cobro

A CIG-Servizos realizou unha nova protesta, nesta ocasión diante do Arsenal de Ferrol, para esixir a intervención de Defensa
23/10/14.
Este xoves continuaron as protestas para reclamar a Cátering Caranza que pague de inmediato os salarios que adebeda ao persoal e o cese na súa política de presións ás traballadoras e traballadores. Nesta ocasión, a mobilización realizouse ás portas do Arsenal, xa que a empresa ten a concesión do servizo de restauración do Montón –o club de oficiais e suboficiais de Ferrol-.

Traballadores/as de Amencer Reciclado realizan unha toma simbólica do antigo Hospital de Toén

Denuncian que a Xunta ceda gratuítamente os terreos ao grupo empresarial, cando ten pendentes os salarios dende outubro
31/5/13.
Traballadoras e traballadoras de Amencer Reciclado fixeron na mañá deste venres unha toma simbólica do antigo Hospital de Toén para denunciar que continúan sen cobrar os salarios atrasados e as indemnizacións e en rexeitamento da decisión da Xunta de ceder as instalacións de forma gratuíta durante os próximos 50 anos ao grupo empresarial Aspanas –propietario de Amencer Reciclado-, logo de ter despedido a todo o persoal.

O persoal de Star Center mobilízase en defensa do emprego e polo cobro dos salarios atrasados

A empresa presentou un ERE para sete traballadoras e durante o período de consultas solicitou concurso voluntario de acredores
07/5/13.
As traballadoras e traballadores de Star Center, dedicada á venda de electrodomésticos e situada en Narón, protagonizaron este martes unha concentración diante das instalacións da empresa no Polígono da Gándara en rexeitamento ao despedimento de sete compañeiras e para esixir o cobro das tres nóminas que se lles adebedan.

Extraballadores de Sequor concéntranse perante a Xunta de Lugo reclamando o dereito á subrogación

A empresa adxudicataria en varios centros públicos négase a asumir o persoal, que ademais leva cinco meses sen cobrar
03/4/13.
Extraballadores e traballadoras de Sequor que prestan servizos de seguridade en varios centros públicos de Lugo concentráronse este mércores ás portas dos edificios da Xunta para esixir que se respecte o seu dereito a seren subrogados na nova empresa adxudicataria e demandar a implicación da administración galega no conflito, xa que é a titular da contrata. Cómpre lembrar que o persoal de Sequor xa leva cinco meses sen cobrar os seus salarios.

Traballadores/as do Gran Hotel de Lugo concéntranse contra os despedimentos e para esixir os seus salarios

O propietario da empresa, que tamén é dono do Gran Hotel de Compostela e o San Martín de Ourense, atópase na cadea
24/1/13.
Traballadores e traballadoras do Gran Hotel de Lugo concentráronse o mércores ás portas do coñecido estabelecemento hoteleiro para esixir a readmisión dos nove compañeiros/as despedidos/as nunha das empresas do grupo e esixir o pagamento de todos os atrasos salariais.

A CIG de Ferrol oponse á solicitude de concurso voluntario de acredores por parte de Neira y Ortegal

A empresa, que adebeda os salarios de nde Novembro, retirou hai pouco tempo unha proposta de ERE de extinción
04/1/13.
A CIG de Ferrol informou este venres en rolda de prensa da presentación de concurso voluntario de acredores por parte da firma Neira y Ortegal, que hai pouco tivo que retirar un ERE para a metade do seu persoal, ante a negativa dos traballadores/as a aceptar a medida reguladora. Para Unión Comarcal, a decisión forma parte dunha estratexia do accionista maioritario, Construdeco, para pechar a factoría, desfacerse do persoal dun xeito barato e quedarse co seu patrimonio.

Distribuir contido