bombeiros

Agudízase a represión no Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo

29/10/09.
Celta Prix, á parte de faltar ao seu compromiso de se reunir coa CIG-Servizos e a Deputación para buscar unha solución dialogada ao despedimento dun bombeiro, aumentou a represión sobre o persoal do Parque Comarcal do Morrazo. A concesionaria sancionou cunha falta moi grave o delegado de persoal e cunha suspensión de emprego e soldo durante once días o irmán do despedido.

Bombeiros do Morrazo conseguen que a Deputación medie para readmitir o compañeiro despedido

22102009299.jpg
23/10/09.
Bombeiros do Parque Comarcal do Morrazo protagonizaron o 22 de outubro unha concentración na Deputación de Pontevedra coa intención de que o organismo provincial medie no conflito desatado tralo despedimento dun compañeiro pola concesionaria, Celta Prix. O vicepresidente da Deputación, José Enrique Sotelo, que ao mesmo tempo preside o Consorcio Comarcal do Morrazo, comprometeuse a manter unha xuntanza o vindeiro 28 de outubro coa empresa e a CIG-Servizos para atopar unha solución.

Celta Prix despide un bombeiro do Morrazo que se significou na loita polo convenio

21/10/09.
Celta Prix, concesionaria do Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, despediu un traballador que se significou na loita polo convenio, ademais de ser un dos máis activos contra a privatización da xestión do futuro Consorcio Provincial. O 22 de outubro está prevista unha concentración ás 12:00 horas diante da Deputación de Pontevedra para esixir a súa readmisión.

Profesionais de emerxencias manifestaranse o 30 de outubro para reclamar un modelo de xestión pública

Percorrido_mani_bombeiros_20091030.jpg
20/10/09.
Os profesionais de toda Galiza dos servizos de emerxencias están chamados a participar nunha gran manifestación o vindeiro 30 de outubro en Compostela en contra da privatización da xestión do sector e para lle reclamar á Xunta a creación dun servizo público de prevención, extinción de incendios e salvamento, profesionalizado e de calidade.

A manifestación do vindeiro día 30, que partirá ás 11:00 da mañá das portas do Parlamento galego e rematará diante da Consellaría de Presidencia, estará precedida por unha serie de marchas a pé que realizará o persoal desde os distintos centros de traballo até Compostela.

Os bombeiros dos parques comarcais esixen un servizo público e de calidade

P1490430_grande.jpg
09/9/09.
Os bombeiros dos parques comarcais de Galiza reiteran o seu rexeitamento á política de xestión privada e precaria do servizo de emerxencias.

O colectivo defende un sistema público xestionado directamente pola administración, que recoñeza os seus dereitos laborais, homoxeneice as condicións de traballo dos distintos consorcios e permita un servizo que responda aos estándares de calidade da normativa europea.

Distribuir contido