cig servizos

A CIG de Ferrol oponse á solicitude de concurso voluntario de acredores por parte de Neira y Ortegal

A empresa, que adebeda os salarios de nde Novembro, retirou hai pouco tempo unha proposta de ERE de extinción
04/1/13.
A CIG de Ferrol informou este venres en rolda de prensa da presentación de concurso voluntario de acredores por parte da firma Neira y Ortegal, que hai pouco tivo que retirar un ERE para a metade do seu persoal, ante a negativa dos traballadores/as a aceptar a medida reguladora. Para Unión Comarcal, a decisión forma parte dunha estratexia do accionista maioritario, Construdeco, para pechar a factoría, desfacerse do persoal dun xeito barato e quedarse co seu patrimonio.

“Traballo neste hotel e non chego a fin de mes”

O persoal do hotel Puerta del Camino cobra desde o día 1 de xaneiro un 5% menos
04/1/13.
O hotel ‘Puerta del Camino’ é un catro estrelas con aspecto de luxo. Porén, o seu persoal, concentrado este xoves diante da súa entrada principal, denunciaba a viva voz que “traballo neste hotel e non chego a fin de mes”. E é que desde o día 1 de xaneiro fíxose efectivo o recorte salarial do 5% decretado unilateralmente pola dirección do estabelecemento hostaleiro amparándose na reforma laboral.

Irregularidades na apertura do concurso para a adxudicación do servizo de limpeza en Santiago

Inclúense no concurso xeral 3 escolas infantís e a de Salgueiriños, e 7  traballadoras a subrogar das que non se ten constancia
03/1/13.
O concello de Santiago publicou no BOP un anuncio para a contratación do servizo de limpeza de edificios e dependencias do concello de Santiago que puntúa máis á menor proposición económica ofertada, sen estabelecer criterio algún sobre posíbeis ofertas con “valores anormais ou desproporcionados”. Así o denunciou en rolda de prensa Paulo Rubido, secretario nacional de CIG-Servizos, quen asegurou que no listado do persoal a subrogar aparecen, sorprendentemente, 7 traballadoras das que non se ten constancia de que pertenzan ao actual cadro de persoal do concello.

Distribuir contido