CIG-Servizos

Extraballadores de seguridade de Sequor inician unha acampada en Rábade en defensa dos seus empregos

O persoal concentrouse tamén para esixir da nova adxudicataria do servizo, Prosetecnisa, que proceda xa á subrogación
09/4/13.
Os extraballadores/as de seguridade privada de Sequor que prestan servizos en centros da Xunta en Lugo continuaron este martes coas mobilizacións para esixir da nova empresa adxudicataria, Prosetecnisa, que proceda de xeito inmediato á subrogación. Nesta ocasión, o persoal trasladou as protestas ás portas do centro de menores Santo Anxo de Rábade, por ser estas as instalacións nas que están destinados a meirande parte dos vixilantes afectados.

Extraballadores de Sequor concéntranse perante a Xunta de Lugo reclamando o dereito á subrogación

A empresa adxudicataria en varios centros públicos négase a asumir o persoal, que ademais leva cinco meses sen cobrar
03/4/13.
Extraballadores e traballadoras de Sequor que prestan servizos de seguridade en varios centros públicos de Lugo concentráronse este mércores ás portas dos edificios da Xunta para esixir que se respecte o seu dereito a seren subrogados na nova empresa adxudicataria e demandar a implicación da administración galega no conflito, xa que é a titular da contrata. Cómpre lembrar que o persoal de Sequor xa leva cinco meses sen cobrar os seus salarios.

A CIG-Servizos denuncia que o Pazo de Congresos está, desde o 1 de abril, sen servizo de seguridade

Hai un mes prescindiu tamén do servizo de limpeza
03/4/13.
A CIG-SERVIZOS vén de denunciar que o Pazo de Congresos e Exposicións de Galiza non ten servizo de seguridade desde o día 1 de abril. A federación lembra que hai aproximadamente un mes o Pazo de Congresos prescindiu tamén do servizo de limpeza. Un conflito que segue vixente a día de hoxe, e para o que non se ten adoptado medida algunha, o que ten provocado un empeoramento da situación.

Esixen dimisión do alcalde e dun edil de Vigo tras sentenza de readmisión de empregados/as do IMD

Denuncian que os cidadáns deberán pagar cos seus impostos uns 200.000 euros “pola incompetencia do Goberno local”
27/3/13.
A secretaria comarcal da federación de Servizos da CIG de Vigo, Transi Fernández, compareceu hoxe en rolda de prensa para reclamar a dimisión do alcalde e do concelleiro de Deportes tras a sentenza que declara nulo o despedimento de 11 traballadores/as do Instituto Municipal de Deportes (IDM). Dende a central nacionalista denuncian que agora os cidadáns deberán pagar cos seus impostos uns 200.000 euros “pola incompetencia do Goberno local”.

Concentración contra o despedimento de dous traballadores do Casino Ferrolano

Un dos empregados afectados levaba máis de 20 anos traballando para a entidade
25/3/13.
A CIG realizou este luns unha concentracións diante do Casino Ferrolano en protesta polo despedimento de dous traballadores -un dos cales leva máis de 20 anos traballando nestas instalacións-, sen ningún tipo de comunicación previa nin negociación coa representación do persoal.

Os empregados/as da recollida do lixo de Vigo desconvocan folga no servizo tras acordo de convenio

O documento, que terá unha vixencia de catro anos, remata coas diferenzas entre o persoal a tempo completo e o de fin de semana
23/3/13.
Os traballadores e traballadoras do servizo municipal de recollida de lixo de Vigo ratificaron onte en asemblea por maioría absoluta o preacordo alcanzado entre o comité de empresa e a concesionaria, FCC. O documento, que terá unha vixencia de catro anos, garante o poder adquisitivo dos empregados/as e remata coas diferenzas entre o persoal a tempo completo e o de fin de semana.

Traballadoras de limpeza do Pazo de Congresos continúan as mobilizacións para esixir a súa readmisión

A CIG-Servizos realizou unha concentración coincidindo coa presenza de Núñez Feijoo na clausura dunhas xornadas
19/3/13.
Traballadoras do Pazo de Congresos continuaron este martes co calendario de mobilizacións para protestar polo despedimento de todo o persoal de limpeza dese edificio. A mobilización realizouse aproveitando a celebración no Pazo de Congresos dunhas xornadas de empresarios a cuxo acto de clausura asistiu o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen nin sequera se interesou pola situación das traballadoras.

Os empregados/as do servizo de recollida do lixo de Vigo convocan folga a partir do 30 de marzo

19/3/13.
Os traballadores/as do servizo municipal de recollida do lixo de Vigo anunciaron hoxe a convocatoria de folga indefinida a partir do vindeiro sábado 30 de marzo tras rexeitar a proposta da empresa de empeorar as condicións laborais no convenio colectivo que se está a negociar. Dende o comité denuncian que a empresa FCC pretende reducir salarios e ampliar a xornada a pesar de ter beneficios económicos tras incrementar o canon municipal en seis millóns de euros.

Un xulgado da Coruña dá por válida unha nómina para comunicar unha modificación das condicións laborais

A reslución deriva dunha demanda contra a rebaixa salarial imposta pola empresa concesionaria do C. Financeiro
14/3/13.
O Xulgado do Social número 3 da Coruña vén de ditar unha inaudita resolución na demanda presentada por un empregado da empresa Remocsa (concesionaria dos servizos do Club Financeiro), na que dá por válida unha nómina como medio para comunicar a modificación substancial das condicións de traballo. Esta resolución deixa na máis absoluta indefensión ao traballador afectado, e abre unha perigosa vía de interpretación da xurisprudencia social con incertas derivas.

Traballadores/as de grandes almacéns fan unha queima simbólica do regresivo convenio colectivo

No marco da protesta realizada o martes no Centro Comercial das Termas en Lugo
13/3/13.
As mobilizacións en contra do convenio colectivo de grandes almacéns (asinado pola patronal ANGED e os sindicatos amarelos FASGA e FETICO) continuaron este martes cunha concentración diante do Centro Comercial das Termas en Lugo, na que ademais membros da CIG representaron unha queima simbólica do convenio estatal ,en sinal de rexeitamento a un marco regulador que supón unha gravísima regresión das condicións laborais e salariais do sector.

Distribuir contido