CIG-Servizos

O preacordo coa concesionaria da limpeza hospitalaria do CHUS garante a equiparación e a ultraactividade

As traballadoras conseguiron frear a pretensión de rebaixar salarios nun 30%, e incrementar xornada nun 20%
13/3/13.
Grazas á mobilización e á unidade das traballadoras do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) conseguiuse frear a pretensión da empresa concesionaria, Clece, de rebaixar os salarios nun 30% e incrementar a xornada laboral nun 20%. E non só iso, tamén se acadaron os principais obxectivos: garantir que se manteña a equiparación co persoal do SERGAS e introducir unha cláusula que garanta a ultraactividade indefinida do convenio. Así se recolle no preacordo ratificado este martes nas asembleas celebradas nos distintos centros de traballo e que foi valorado polo secretario comarcal da CIG de Compostela, Anxo Noceda, como “un éxito”.

Nova protesta para a readmisión dunha traballadora dos servizos limpeza do Arquitecto Marcide

A CIG critica o total pasotismo da empresa concesionaria, Ferroser, e o Sergas
07/3/13.
O vestíbulo do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol era o escenario este xoves para unha nova concentración en demanda da readmisión dunha traballadora de Ferroser (concesionaria do servizo de limpeza), inxustamente despedida logo de levar case vinte anos neste servizo.

Concentración para reclamar a readmisión das traballadoras da limpeza do Pazo de Congresos

Ten solicitado unha xuntanza co Presidente do Consorcio e celebra a rescisión do contrato a Atlántico de Congresos
06/3/13.
A CIG-Servizos concentrouse este martes ás portas do Pazo de Congresos para protestar polo despedimento de todo o persoal le limpeza dese edificio, coincidindo cunha reunión da Dirección do Pazo co responsábel da empresa que era adxudicataria do servizo de limpeza e que desapareceu o día 28 de febreiro, deixándoo sen servizo de limpeza.

O Pazo de Congresos prescinde do servizo de limpeza

A vindeira semana comezará unha campaña de mobilizacións, a primeira o martes día 5 de marzo ás 11:30 horas diante do Pazo
01/3/13.
Dende o día 28 de febreiro o Pazo de Congresos quedou sen servizo de limpeza. A empresa concesionaria (Gespalia) abandonou repentinamente o mesmo despedindo ao tempo a todo o seu persoal. A data de hoxe, día 1 de marzo, non hai persoal de limpeza no centro, nin empresa que a realice. A empresa que xestiona o Pazo (Atlántico de Congresos) non aclarou como pensa solucionar esta situación, se contratará unha nova empresa ou se o fará con persoal propio.

O 100% do persoal de limpeza do CHUS secunda a folga contra a rebaixa salarial e incremento da xornada

Mañá xoves concentraranse no Clínico ás 9:00 da mañá para sumarse posteriormente ás 11:00 horas en San Caetano
27/2/13.
Ás 7:00 da mañá deste mércores comezaba a primeira xornada da folga de 48 horas convocada no servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, que rematará á mesma hora o día 1 de marzo. Coincidindo coa folga celebráronse concentracións no Hospital Clínico e no de Conxo e para o xoves teñen convocada unha concentración ás 9:00 horas no Clínico e outra as 11:00 horas en San Caetano. O 100% do persoal secunda a convocatoria en demanda de que se manteña a equiparación co persoal do SERGAS e contra a pretensión da empresa de aplicar unha rebaixa salarial do 30% e un incremento de xornada do 20%.

Continúan as mobilizacións pola readmisión dunha traballadora da limpeza do Arquitecto Marcide

A CIG de Ferrol critica o desentendemento do Sergas no conflito, xa que aínda non atendeu a solicitude de reunión
27/2/13.
Traballadores e traballadoras das empresas que traballan no Hospital Arquitecto Marcide, así como persoal do Sergas, concentráronse este mércores novamente na entrada do centro hospitalario para esixir á readmisión dunha compañeira de Ferroser (adxudicataria do servizo de limpeza), despedida logo de levar case 20 anos neste servizo.

O Comité de Albada denuncia sancións e ameazas da empresa a varios traballadores/as

O persoal relaciona a actitude da dirección coa denuncia de vertidos na planta de tratamento de residuos
22/2/13.
O Comité de Empresa de Albada (que ten a concesión da Planta de Tratamento de Residuos Sólidos Urbanos da Coruña) vén de denunciar que a empresa comezou a sancionar e ameazar a varios traballadores/as, despois de que o Comité fixera público o vertido de lixiviados rexistrado nas instalacións o pasado mes de xaneiro.

Concentración na entrada do Arquitecto Marcide para esixir a readmisión dunha traballadora de limpeza

A concesionaria, Ferroser, alega causas económicas, aínda que foi a propia empresa quen licitou o servizo por un importe menor
18/2/13.
Traballadores e traballadoras de Ferroser (empresa que ten o servizo de limpeza do Arquitecto Marcide) concentráronse este luns entre ás 12:30 e ás 13:00 horas na entrada do hospital para esixir á readmisión dunha compañeira despedida. Á protesta, convocada polo Comité de Empresa, tamén contou coa participación dun importante número de traballadores/as do centro hospitalario.

A CIG-Servizos demanda a paralización das contratas municipais ante a situación do concello de Santiago

Persoal de ISS e de Sermasa concentrouse na Praza do Obradoiro
18/2/13.
Persoal de ISS e de Sermasa concentrouse este luns diante do concello de Santiago, na praza do Obradoiro, para exixir a paralización de todas as contratas municipais e a revisión de todos os concursos convocados, dadas as abondosas irregularidades que se están detectando no concello de Santiago e as actuacións xudiciais que afectan a membros do goberno local, do Partido Popular.

Cazolada popular para exixir a paralización de todas as contratas municipais do concello de Santiago

O luns día 18 de febreiro, ás 13:00 horas, na Praza do Obradoiro
15/2/13.
As traballadoras e traballadores de ISS e a CIG-Servizos protagonizarán, o vindeiro luns día 18 de febreiro, ás 13:00 horas, unha cazolada popular para exixir a paralización de todas as contratas municipais e a revisión de todos os concursos convocados, dadas as abondosas irregularidades que se están detectando no concello de Santiago e as actuacións xudiciais que afectan a membros do goberno local, do Partido Popular.

Distribuir contido