CIG-Servizos

A Inspección de Traballo require a Albada para que corrixa a presenza de lixiviados nos postos de traballo

O requirimento chega tras a denuncia do Comité sobre as deficiencias en materia de seguridade e saúde na planta de Nostián
14/2/13.
O Comité de empresa de Albada vén de informar que a Inspección de Traballo fixo un requirimento á dirección da empresa para que corrixa todas as anomalías que propoña a representación do persoal en cuestións que afectan á seguridade e saúde nos postos de traballo da Planta de Tratamento de Residuos Sólidos de Nostián.

A CIG-Servizos manifesta o seu rexeitamento ao convenio da limpeza asinado por CCOO e UGT

Contempla un incremento salarial do 0% para 2011; do 0% para 2012; do 0,8% para 2013 e do 1% para 2014
11/2/13.
A CIG-Servizos vén de expresar o seu rexeitamento ao convenio do sector de limpeza de edificios e locais da Coruña asinado por CCOO e UGT, que supón aceitar un acordo que contempla condicións salariais mesmo inferiores á peor das propostas presentadas con anterioridade pola patronal e que estas mesmas centrais sindicais se negaron a asinar, no seu momento, chegando a convocar mobilizacións para demandar melloras.

Inícianse mobilizacións contra os despedimentos e as modificacións dos horarios en Vegalsa-Eroski

CIG-Servizos denuncia que a empresa non estabelece un sistema de rexistro de xornada laboral para evitar pagar horas extra
08/2/13.
Traballadores/as de Vegalsa-Eroski iniciaron este venres o calendario de mobilizacións para denunciar os masivos despedimentos que está a executar a empresa e as modificacións arbitrarias dos horarios do persoal. A concentración, convocada por CIG-Servizos e CCOO, realizouse diante do supermercado de Eroski da Avenida de Fisterra, na Coruña.

O persoal de SERMASA concéntrase diante do López Ferreiro para reclamar os salarios pendentes

A empresa non paga ás traballadoras e traballadores desde hai mais de dous meses
08/2/13.
Sermasa, empresa concesionaria do servizo de limpeza de pavillóns e colexios que dependen do concello de Santiago vai xa para tres meses que non paga as nóminas ao seu persoal. Pola información da que dispón a CIG-Servizos débese a que o concello adebeda á súa vez á empresa sete mensualidades. Para a central sindical o persoal, que segue a traballar malia non cobraren, non ten responsabilidade nos problemas que poidan existir e exixe que concello e empresa asuman as súas responsabilidades e paguen.

Comités da limpeza do CHUS péchanse na Xerencia do Clínico para reclamar a negociación do convenio

Denuncian que a proposta presentada por Clece deteriora gravemente as condicións laborais do conxunto do persoal
06/2/13.
Os Comités de Empresa do servizo de limpeza do complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) pecháronse esta mañá na xerencia do Hospital Clínico para reclamar que se facilite un contexto de negociación real do novo convenio colectivo. O peche rematou unha vez que por parte da xerencia se puxeron sobre a mesa varios compromisos.

Novas accións en demanda dun convenio provincial para o comercio téxtil de Pontevedra

As traballadoras e traballadores realizacións accións de compra-devolución en tendas de Inditex da rúa do Príncipe
04/2/13.
Os traballadores e traballadoras do comercio téxtil da provincia de Pontevedra continuaron o pasado venres coas accións de compra-devolución en tendas de grandes cadeas de roupa, desta ocasión en estabelecementos da cadea Inditex situados na céntrica Rúa do Príncipe de Vigo. Con esta medida de presión, explican dende a CIG-Servizos, búscase que a patronal do sector sente a negociar un novo convenio.

Proseguen co calendario de protestas en demanda dun novo convenio de limpeza na provincia da Coruña

O vindeiro mércores haberá unha reunión entre patronal e representación sindical
04/2/13.
Traballadores e traballadoras dos servizos de limpeza da provincia da Coruña continuaron o pasado venres co calendario de mobilizacións para esixir da gran patronal do sector que asine o preacordo que existe entre organizacións sindicais e as pequenas empresas provinciais para o novo convenio colectivo. Tras semanas de mobilizacións en Compostela, A Coruña e Ferrol semella que algo se comeza a mover e as centrais sindicais están convocadas a unha xuntanza coa patronal este mércores.

O Comité de Nostián explica a situación dos vertidos a entidades veciñais, políticas e sindicais

A representación do persoal reclama que se tomen as medidas pertinentes para evitar que se repitan novos verquidos
01/2/13.
O Comité de Albada realizou este venres unha convocatoria aberta á representantes de formacións políticas municipais, asociacións veciñas, organizacións sociais e sindicais co obxecto de explicar “in situ” os vertidos que se rexistraron na planta de Nostián os días 18, 19 e 20 de xaneiro, tras o desbordamento da balsa de lixiviados, e as condicións nas que se atopan as instalacións. Ao inicio da acción foron identificados pola policía local varios membros do Comité, da CIG e do BNG.

A CIG-Servizos exixe que se anulen os concursos de limpeza de Santiago e que se reinicie o procedemento

Concentráronse esta mañá para denunciar as irregularidades que presenta e demandar que se racionalice o proceso
01/2/13.
A CIG-Servizos convocaba este venres unha concentración diante do concello de Santiago, na Praza do Obradoiro, para demandar que se anule o concurso de limpeza de edificios e dependencias municipais así como o das garderías, dadas as numerosas irregularidades administrativas, laborais e penais que rodean a estas contratas. Demandan reinicialo de forma que abranguera todo o servizo, especificando o número de horas necesarias para a súa correcta atención.

Concentración no super El Árbol de Cacheiras (Teo) contra o acoso laboral a unha traballadora

Foi sancionada con 14 días de suspensión de emprego e soldo por ter un teléfono na man e usar “Cristasol”
01/2/13.
Representantes da CIG concentrábanse este venres diante do estabelecemento que o supermercado El Árbol ten en Cacheiras, no concello de Teo para exixir o cese inmediato do acoso laboral ao que está a ser sometida Martina Carabán, que até hai un mes era delegada desta central sindical, e para demandar a retirada da sanción que lle foi imposta segundo afirma a empresa, por estar co teléfono na man en horario laboral.

Distribuir contido