CIG-Servizos

Concentración en AFAL Ferrolterra polo despedimento dunha traballadora

A CIG-Servizos entende que se trata dunha represalia polo apoio do persoal á candidatura da CIG nas eleccións
29/5/14.
A CIG-Servizos realizou este xoves unha concentración diante do centro de AFAL Ferrolterra situado na rúa Río do Castro en protesta polo despedimento dunha traballadora. Ao entender da Federación da CIG, esta medida, totalmente inxustificada, é unha represalia da empresa polo apoio maioritario que recibiu á candidatura da central nacionalista nas eleccións do pasado abril.

Limpeza do CHUAC seguirá mobilizada até que se asinen convenios e se readmita á traballadora

De xeito paralelo, desenvólvense as negociacións e a mediación no AGA
28/5/14.
Este mércores tivo lugar unha nova xornada de mobilizacións na limpeza do CHUAC en demanda de convenios dignos, contra os recortes laborais e salariais e pola readmisión da traballadora despedida por Valoriza Facilities.

Pórtico terá que pechar en xuño se o Fogasa non adianta as indemnizacións e os salarios pendentes

O cadro de persoal da firma viguesa decidiu en asemblea convocar un calendario de mobilizacións
27/5/14.
O comité de empresa de Pórtico (CCOO e CIG) alertou hoxe do peche da compañía viguesa se antes de mediados de xuño o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) non adianta o custe das indemnizacións dos traballadores/as despedidos/as e dos salarios pendentes. O cadro de persoal decidiu en asemblea convocar un calendario de mobilizacións en defensa dos seus postos de traballo.

O persoal de Urbaser Lugo irá a folga indefinida dende o 9 de xuño se non hai acordo para o novo convenio

Os traballadores e traballadoras fixeron e unha concentración e ocuparon este venres a Casa do Concello
23/5/14.
Os traballadores e as traballadoras da recollida de lixo e a limpeza urbana do Concello de Lugo irán a folga indefinida, se antes do 9 de xuño non se acada un acordo para o novo convenio colectivo que respecte os dereitos económicos e sociais. Así o acordou a asemblea do persoal, que hoxe mesmo realizou unha concentración e unha ocupación simbólica da Casa do Concello, para demandar o desbloqueo da negociación.

Traballadores/as de Seaga exixen solucións á precariedade que sofren polas políticas da Xunta

Percorreron en manifestación as rúas de Compostela flanqueados por furgóns policiais
16/5/14.
Traballadores e traballadoras de Seaga percorreron as rúas de Compostela convocados pola CIG-Servizos e os comités provinciais da empresa pública en medio dunha desproporcionada presenza policial. As/os manifestantes corearon numerosas consignas en demanda da dimisión da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana e do Secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto e outras como “Quen apaga os lumes? Nós e non a UME”, “O monte ardendo e nós no paro” ou “Seis meses de traballo, é unha solución”.

Persecución en Catering Caranza ao persoal afiliado á CIG e atrasos xeralizados no pago dos salarios

A empresa despediu a tres traballadores/as logo de ter acudido a asesorarse á central sindical
15/5/14.
Persecución, insultos, despedimentos e atrasos salariais. Estas foron as lamentábeis condicións do persoal de Catering Caranza, que a CIG-Servizos de Ferrol denunciou publicamente en rolda de prensa este xoves. Ademais, apuntaron que o acoso da empresa, que presta servizos no Club Naval de Oficiais e Suboficiais, se manifesta de xeito máis virulento cos/as traballadores/as afiliados/as á CIG

Cuarta semana de mobilizacións das traballadoras e traballadores da limpeza do CHUAC

As protestas continuarán mentres Valoriza non readmita á compañeira despedida e desbloquee ás negociacións do convenio
14/5/14.
O persoal dos servizos de limpeza do CHUAC proseguiu este mércores con renovados folgos o calendario de protestas para esixir unhas condicións laborais dignas e a readmisión da traballadora despedida por Valoriza Facilities, empresa que mantén unha actitude de total inmobilismo nas negociacións para o novo convenio colectivo.

A VI Asemblea da CIG-Servizos de Ferrol elixe a Cristina Martínez Padín como Secretaria Comarcal

No proceso tamén se escolleu a nova Executiva e Dirección comarcais e as/os representantes no Consello federal
14/5/14.
A VI Asemblea Comarcal da CIG-Servizos de Ferrol, celebrada o pasado sábado 10 de maio, elixiu a Cristina Martínez Padín como Secretaria Comarcal, con 28 votos a favor e un voto en branco. No proceso tamén se escolleu á nova Executiva e Dirección comarcais e os/as representantes no Consello Federal.

Representantes da limpeza do CHUAC trasladan ao Xerente do Complexo a problemática nas contratas

 As traballadoras e traballadores continuarán coas mobilizacións até que Valoriza asuma un convenio digno e readmita á despedida
09/5/14.
A representación das traballadoras e traballadores de limpeza do CHUAC, mantivo este xoves unha reunión co Xerente do Complexo para trasladar a súa visión das negociacións polo convenio colectivo e o seu parecer a respecto do despedimento dunha compañeira de Valoriza Facilities. Ao mesmo tempo, aproveitaron a ocasión para abordar os reiterados incumprimentos dos convenios por parte das empresas concesionarias.

Convocada folga en todos os centros de Dielectro para os días 19, 20 e 21 de maio

En contra do ERE de extinción para 59 traballadores/as e a rebaixa salarial que pretende aplicar a empresa
09/5/14.
A representación do persoal de Dielectro vén de convocar folga en todos os centros de traballo da empresa (tanto en Galiza como fóra) para os días 19, 20 e 21 de maio, en contra do ERE de extinción que a dirección pretende aplicar para 59 traballadores e traballadoras e a rebaixa salarial do 15%.

Distribuir contido