convenio

Asinado o convenio do comercio de alimentación da provincia de Ourense

Folga no comercio de alimentación: piquete na Coruña 5
28/4/11.
Sindicatos, entre eles a CIG-Servizos, asinaron coa patronal, o 25 de abril, o convenio do comercio de alimentación da provincia de Ourense dos anos 2011-2012. Pactouse, entre diversos aspectos, unha suba de 30 euros ao mes para cada ano de vixencia, un incremento do plus de actividade do 3´6% para o 2011 ou que nas empresas con máis de 30 traballadores haxa un mínimo do 75% de emprego fixo.

Manifestación nacional contra o convenio de seguridade o 14 de decembro en Vigo

20091204_seguridade_corunha_11
29/11/10.
CIG-Servizos convoca, o 14 de decembro en Vigo, unha manifestación nacional contra a sinatura do convenio estatal de seguridade privada. A marcha partirá ás 10:30 horas desde a Praza de España e percorrerá diversas rúas do centro da cidade. A Federación fretará autobuses desde as comarcas.

UGT e USO asinan o convenio de seguridade privada

20090225_prosegur_agrela_07.jpg
16/11/10.
Non houbo lugar a sorpresas e cumpriuse o guión estabelecido pola patronal da seguridade privada. UGT e USO asinaron o convenio do período 2009-2012 pese a que o texto contén condicións peores que algunhas das propostas que presentaran os empresarios ao longo dos dous anos de negociación. O presente convenio ocasiona unha perda do poder adquisitivo do 2´2% e non arbitra medidas de conciliación da vida laboral e familiar, entre outras consecuencias negativas para os vixilantes.

ASEMACO, CC.OO e UGT amosan a súa galegofobia no convenio pontevedrés de materiais de construción

mordaza_espanha
28/5/10.
CIG-Servizos, malia ter asinado o preacordo, non rubricou finalmente o convenio do comercio de materiais de construción da provincia de Pontevedra como consecuencia da negativa da patronal ASEMACO e de CC.OO e UGT de redactar o texto en galego. Os empresarios e os sindicatos españois xustificaron o seu comportamento alegando que se trata “dun capricho da CIG”.

CIG-Servizos edita un caderno co convenio do comercio de alimentación coruñés

24/4/10.
CIG-Servizos editou un caderno co convenio do comercio de alimentación da provincia da Coruña dos anos 2009-2011, que ademais dispón de táboas salariais, de información laboral básica e dos enderezos postais e electrónicos dos locais da Federación. O caderno ha ser repartido nos vindeiros días entre as traballadoras e traballadores do sector.

O convenio do comercio de alimentación coruñés rebaixa melloras que se concederan inicialmente

Folga no comercio de alimentación: piquete na Coruña 3
01/2/10.
Tal como se agardaba, CC.OO, UGT e USO rubricaron o 27 de xaneiro o convenio do comercio de alimentación provincial da Coruña dos anos 2009-2011. O realmente sorprendente é que o texto actual rebaixa melloras que se concederan no decurso da negociación. De novo, o persoal dos almacéns e oficinas fica discriminado.

CC.OO, UGT e FETICO asinan un preacordo no comercio de alimentación pontevedrés

Folga no Comercio de Alimentación en Vigo 7
03/12/09.
As centrais CC.OO, UGT e FETICO asinaron un preacordo no convenio do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra nunha mediación do AGA que se estendeu desde as 16:00 horas do 2 de decembro até as 02:00 horas do día posterior. CIG-Servizos non rubricou o texto ao estar en desacordo coa vixencia (tres anos) e co incremento retributivo, entre outras cuestións. O persoal está convocado a asembleas, o 4 de decembro ás 22:00 horas nos locais da CIG en Vigo e Pontevedra, para someter a votación o preacordo.

Asinado o convenio provincial de Limpeza hospitalaria de Ourense, que inclúe subas do 5%

sinatura_convenio_limpeza_hosp_ourense_recortada.jpg
21/11/09.
O convenio de Limpeza hospitalaria da provincia ourensá dos anos 2009-2010 foi asinado o 20 de novembro. O texto contempla a maior suba salarial acadada este ano na provincia, 5% de media para todos os traballadores/as, e outorga aproximadamente 500 euros a cada un en concepto de atrasos.

Desconvocada a folga da Limpeza hospitalaria ourensá logo de alcanzase un acordo

17/11/09.
A mediación do Consello Galego de Relacións laborais logrou a consecución dun acordo entre a parte social e os empresarios da limpeza das institucións hospitalarias da provincia de Ourense que satisfai as reclamacións dos traballadores/as. Por conseguinte, a folga ficou desconvocada.

Asinado o convenio de Axuda a Domicilio

04/11/09.
O texto rubricado estabelece unha vixencia de tres anos (2009-2011) e unha equiparación salarial co convenio estatal, isto é, do IPC real máis 2 puntos. Os auxiliares de servizo de Axuda no Fogar percibirán 746 euros en concepto de atrasos de 2008. En canto aos de 2009, acordouse que sexan a diferenza entre o salario aboado este ano polo convenio galego e as táboas do estatal.

Distribuir contido