despedimento

Pull&Bear deixa sen efecto o despedimento da traballadora que se ausentou por estar enferma

A CIG-Servizos e a Sección Sindical advirten que seguirán a oporse a calquera “outra medida inxusta e inhumana como esta”
18/3/15.
A CIG-Servizos de Ferrol e a Sección Sindical da CIG en Pull&Bear veñen de amosar a súa satisfacción pola decisión da empresa de deixar sen efecto o despedimento dunha traballadora á que lle foi rescindido o contrato por faltar de xeito xustificado do seu posto por cuestións médicas.

Concentración no Leroy Merlin de Compostela en demanda da readmisión do delegado da CIG

Esta tarde celebrarase unha xuntanza co Xefe de Recursos Humanos da empresa
21/1/15.
A CIG-Servizos concentrábase esta mañá no Leroy Merlín de Compostela, coincidindo coa visita do xefe de Recursos Humanos a nivel de Estado, para reclamar a readmisión do delegado da sección sindical da CIG na empresa. As e os concentrados entraron no estabelecemento para continuar no interior coa protesta e conseguiron que se acordara unha entrevista co directivo para a primeira hora desta tarde. Inmediatamente despois foron desaloxados/as pola policía.

Convocatoria no Leroy Merlin de Santiago contra o despedimento do delegado da CIG na empresa

O venres día 2 de xaneiro, ás 19:00 horas
30/12/14.
A CIG-Servizos convoca para o vindeiro venres, día 2 de xaneiro, ás 19:00 horas, unha concentración diante do establecemento de Leroy Merlín de Compostela en protesta polo despedimento do delegado da sección sindical da CIG na empresa. Esta é a primeira das mobilizacións que se convocan pero xa anuncia que continuarán as protestas até que o traballador sexa readmitido.

Concentración no Concello de Narón esixindo a readmisión dunha traballadora despedida por SAMYL

A empresa ten adxudicada a limpeza de interiores de edificios municipais
05/9/14.
A CIG-Servizos realizou unha concentración este xoves diante do Concello de Narón co obxecto de reclamar da administración local que interveña para esixir a readmisión dunha traballadora despedida pola empresa SAMYL –que ten a concesión da limpeza de interiores dos edificios municipais-.

Denuncian en roupa de praia o despedimento dun traballador do Eroski City de Neda

O empregado foi despedido logo de preavisar a CIG eleccións sindicais e alegando a empresa que vestía inapropiadamente
05/9/14.
Ataviadas/os con roupa e elementos propios dunha xornada de praia, a CIG-Servizos sorprendía este venres á clientela do Eroski City de Neda (na Avda. Algeciras) cunha concentración para denunciar o despedimento dun traballador da sección de carnicería, ao que lle foi rescindido o contrato por reclamar os seus dereitos e logo de que a central sindical preavisara eleccións sindicais, alegando a empresa que vestía inapropiadamente.

Concentración diante do Concello de Narón para a readmisión da traballadora despedida por SAMYL

A empresa trasladou a empregada de Concello e logo despediuna alegando que non tiña carga de traballo
12/6/14.
Arredor de cen delegados e delegadas da CIG concentráronse este xoves diante do Concello de Narón para reclamar a readmisión dunha traballadora despedida por SAMYL e esixir a implicación do goberno municipal nesta reivindicación, xa que é o titilar da contrata.

Nais e crianzas reclaman en ADM a readmisión da traballadora despedida e o dereito a conciliar

A CIG-Servizos denuncia o machismo imperante nesta empresa que traballa para Movistar
19/5/14.
Nais traballadoras acompañadas das súas crianzas participaron na concentración convocada pola CIG-Servizos de Compostela para reclamar o dereito a conciliar a vida laboral e familiar e exixir a readmisión da traballadora Teresa Martínez, da empresa de telecomunicacións e informática ADM, que traballa para Movistar. A CIG-Servizos denuncia que a traballadora foi despedida por teren exixido que se respectaran os seus dereitos como nai.

Persoal de limpeza do CHUAC mobilízase contra os recortes laborais e pola readmisión dunha compañeira

Denuncian que Valoriza Facilities pretende rebaixar as condicións laborais e salariais recollidas no actual convenio
22/4/14.
Traballadoras/es dos servizos de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña iniciaron este martes un calendario de mobilizacións, convocado polo Comité de Valoriza Facilities (unha as concesionarias do servizo), contra as pretensións da empresa de recortar dereitos laborais e salariais, en demanda da negociación dun convenio digno e para esixir a readmisión dunha traballadora despedida por terse acollido a baixas por I.T de curta duración.

Paralizada área de servizo de MEDAS na AP-9 en demanda da readmisión dun traballador despedido

Denuncia que o despedimento pretende amedrentar o resto do persoal para aceptar os cambios nas condicións laborais sen protestar
05/12/13.
A área de servizo da AP-9 á altura de Luou (Teo) estivo paralizada por mor da folga convocada pola CIG-Servizos entre as 14:00 e as 16:00 horas. A empresa MEDAS despediu hai aproximadamente 15 días a un traballador alegando causas económicas. Porén, a CIG-Servizos denuncia que se trata dun despedimento que ten como obxectivo amedrentar ao conxunto do persoal para que acepte, sen cuestionalos, os cambios das condicións laborais que a empresa MEDAS pretende impor.

Convocada folga na área de servizo de Medas á altura de Luou (Teo) da autoestrada Coruña-Vigo

O xoves 5 de decembro, de 14:00 a 16:00 horas polo despedimento dun compañeiro coa intención de amedrentar o conxunto do persoal
03/12/13.
A empresa MEDAS, na área de servizo da autoestrada A Coruña-Vigo, á altura do concello de Teo, despediu hai aproximadamente 15 días a un traballador alegando causas económicas. Porén, a CIG-Servizos denuncia que se trata dun despedimento que ten como obxectivo amedrentar ao conxunto do persoal para que acepte, sen cuestionalos, os cambios das condicións laborais que a empresa MEDAS pretende impor.

Distribuir contido