despedimentos

Celta Prix despide un bombeiro do Morrazo que se significou na loita polo convenio

21/10/09.
Celta Prix, concesionaria do Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo, despediu un traballador que se significou na loita polo convenio, ademais de ser un dos máis activos contra a privatización da xestión do futuro Consorcio Provincial. O 22 de outubro está prevista unha concentración ás 12:00 horas diante da Deputación de Pontevedra para esixir a súa readmisión.

Unha filial do xornal La Región despide a metade do cadro de persoal

07/9/09.
A empresa Outro, S.L., pertencente ao grupo de “La Región”, despediu catro traballadores no centro comercial do Paseo en Ourense. Tras estes despedimentos agóchase a intención empresarial de pechar o local con intereses especulativos.

As causas alegadas para despedir estes empregados son de tipo económico, polo que, á espera dunha decisión xudicial, só cobrarían 20 días por ano cun máximo de 12 mensualidades. Entre as persoas despedidas hai traballadores con 40 anos de antigüidade na empresa.

O Hotel Moon despide unha traballadora que esixiu o cumprimento do contrato

20090821_hotel_moon_01.jpg
24/8/09.
CIG-Servizos de A Coruña organizou unha concentración de protesta o 21 de agosto fronte ao Hotel Moon, estabelecemento que despediu recentemente unha traballadora que reclamou os seus dereitos e esixiu o cumprimento do contrato e do convenio.

A concentración desenvolveuse diante do Hotel Moon, sito na rúa Ramón y Cajal da cidade herculina. Unha ducia de delegados do sindicato e traballadores e traballadoras da Hostalaría congregouse na porta do hotel portando unha faixa co lema “Non á represión”, coreando consignas contra a precariedade e repartindo panfletos entre a clientela e a veciñanza.

A CIG reclama novamente o cesamento da directora xeral de Colocación da Xunta

20/8/09.
A directora xeral de Colocación e Formación da Xunta, Ana María Díaz, acumula varias demandas por impago de salarios, ademais dunha condena en firme polo despedimento improcedente dunha muller que durante seis meses traballou para ela sen contrato e alta na Seguridade Social.

Cortefiel despide dúas traballadoras con máis de 30 anos de antigüidade

Contra os despedimentos en Cortefiel 1 (20090717)
16/7/09.
O Grupo Cortefiel, que tamén engloba as firmas SPRINGFIELD e WOMANS’ SECRET, prescindiu na Coruña de dúas traballadoras con máis de 30 anos de servizo alegando “baixa produtividade”. Mais detrás deste pretexto encóntrase a intención desta empresa téxtil de abaratar custes e fomentar a contratación eventual e a precariedade.

Multiauto bota dous traballadores por promoveren eleccións na empresa

DSC01738_grande.jpg
14/7/09.
Novo caso de represión sindical. A empresa Multiauto vén de despedir dous traballadores en Compostela que pretendían emprenderen eleccións sindicais na empresa. Delegados e delegadas da CIG-Servizos manifestaron o seu rexeitamento a este desplante patronal por medio dunha concentración o 14 de xullo diante das instalacións que Leaseplan, principal cliente de Multiauto, posúe no Polígono do Tambre.

Distribuir contido