FASGA

FASGA e FETICO asinan a modificación de horarios en El Corte Inglés

30/9/09.
Os sindicatos FASGA e FETICO asinaron coa empresa a modificación dos horarios en El Corte Inglés. CIG-Servizos non se resigna e segue coa súa campaña de denuncia desta medida antiobreira adoptada pola empresa e avalada polas centrais amarelas nunha reunión do comité intercentros.

O sindicato nacionalista informará do acontecido o persoal doutras empresas afectadas polo convenio de Grandes Almacéns (Alcampo, Carrefour e Leroy Merlin) en previsión de que nelas tamén se modifiquen os horarios.

Iníciase unha campaña contra a modificación dos horarios en El Corte Inglés

eci_logo.jpg
24/9/09.
CIG-Servizos iniciou unha campaña informativa entre as traballadoras e traballadores de “El Corte Inglés” para advertilos da posibilidade, máis que probábel, de que a empresa lles modifique os horarios coa plena conivencia de FETICO e FASGA, responsábeis da sinatura do convenio de Grandes Almacéns, recentemente rubricado e que supón unha clara regresión nas condicións salariais e sociais do persoal.

O convenio de Grandes Almacéns hipoteca até 2012 o poder adquisitivo do persoal

12/8/09.
CIG-Servizos fai unha valoración negativa do convenio de Grandes Almacéns, rubricado o pasado 5 de agosto entre a patronal ANGED e os sindicatos amarelos FETICO e FASGA no máis absoluto escurantismo e coa exclusión da central nacionalista da mesa negociadora.

Asinado o Convenio de Grandes Almacéns coa exclusión da CIG da mesa negociadora

07/8/09.
Confirmáronse os peores augurios. O convenio de Grandes Almacéns foi asinado o 5 de agosto en Madrid entre os sindicatos FASGA e FETICO e mais a patronal ANGED. A CIG-Servizos non puido acudir á cita dado que foi comunicada tarde de xeito completamente intencionado.

A Federación de Servizos da CIG decatouse da sinatura do convenio a través duns panfletos da autoría dos sindicatos FASGA  e FETICO, redactados ambos nun ton eufórico e vitorioso. Do que se desprende deses panfletos é que a vixencia do convenio vai ser de catro anos (2009, 2010, 2011 e 2012).

As negociacións do Convenio de Grandes Almacéns desenvólvense no máis absoluto escurantismo

05/8/09.
A patronal do sector dos Grandes Almacéns e as centrais FETICO, FASGA, CC.OO e UGT están a desenvolver no máis absoluto escurantismo as negociacións do convenio, de ámbito estatal. A CIG e o sindicato vasco LAB non foron avisadas para participar nas últimas xuntanzas, malia teren pleno dereito tendo en conta a súa representatividade no sector.

Distribuir contido