Ferrol

Os empregados de Emafesa maniféstanse en demanda dun convenio xusto

19042011001.jpg
25/4/11.
Persoal da Empresa Mixta de Augas de Ferrol (EMAFESA), participada nun 51% polo Concello e nun 49% por Urbaser, continuou o 19 de abril co calendario de mobilizacións para demandar a negociación dun novo convenio que recolla melloras salariais e laborais. Desta volta, o persoal realizou un paro laboral de tres horas e partiu en manifestación até as portas do Concello, onde mantivo un encontro co alcalde.

O persoal do Pazo de Libunca prosegue coas xornadas de folga

Pazo de Libunca
25/4/11.
Os traballadores e traballadoras do Pazo de Libunca, pertencentes á empresa N. Barros Gestión Hotelera, secundaron novas xornadas de folga os días 22 e 23 de abril como medida de protesta polos impagamentos que veñen sufrindo desde hai meses.

Continúan as protestas dos traballadores de Emafesa

concentracion_emafesa_14-04-2011.jpg
14/4/11.
Persoal da Empresa Mixta de Augas de Ferrol, Emafesa, prosegue coas mobilizacións en demanda dun novo convenio que contemple melloras salariais e sociais. O 14 de abril desenvolveuse unha concentración diante da sede da compañía e, para o 19 deste mes, hai convocado un paro de 11:00 a 14:00 horas, que coincidirá cunha protesta ás portas do Concello.

CIG-Servizos solicita un embargo preventivo para que cobren os empregados do Pazo de Libunca

cristina_martinez_padin_fran_cartelle.jpg
13/4/11.
O persoal do Pazo de Libunca aínda non percibiu parte dos salarios de decembro e xaneiro. Esta circunstancia levou a CIG-Servizos a solicitar un embargo preventivo das cantidades que varias entidades e partidos políticos teñen pendentes de pagamento con este estabelecemento hostaleiro naronés, propiedade da deputada autonómica do PP Natalia Barros. Os días 16, 22 e 23 de abril hai convocados paros de 24 horas.

A Federación consegue toda a representación nas instalacións deportivas da Malata

20080229_deportes_ferrol_01
09/4/11.
CIG-Servizos obtivo os tres delegados de persoal que se disputaban nas eleccións celebradas o 7 de abril en Serviocio, no seu centro de traballo das instalacións deportivas municipais da Malata, en Ferrol. Nas votacións participou o 80% do censo electoral.

Persoal de Emafesa mobilízase en demanda dun convenio que contemple melloras salariais

emafesa_ferrol.jpg
31/3/11.
Os traballadores e as traballadoras de Emafesa (Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A.) comezaron na mañá do 30 de marzo as mobilizacións en contra da conxelación das retribucións e a prol da sinatura dun novo convenio que recolla melloras salariais e sociais. O 2 de abril desenvolverase unha asemblea no local da CIG de Ferrol para determinar o calendario de protestas.

CIG-Servizos solicita ao Concello ferrolán a rescisión da concesión a Serviasistencia

serviasistencia_ferrol_mobilizacion_no_concello.jpg
12/2/11.
A Federación de Servizos da CIG solicítalle ao Concello de Ferrol que rescinda a concesión a Serviasistencia, empresa que xestiona o servizo municipal de axuda a domicilio, por falta de pagamento ao persoal e polos incumprimentos sistemáticos do convenio colectivo. As traballadoras están dispostas a retomaren as mobilizacións en caso de que non se acade unha pronta solución ao conflito.

Convocada en Ferrol unha asemblea do persoal de limpeza de edificios da provincia

Folga limpeza, manifestación en Vigo
03/1/11.
CIG-Servizos de Ferrol convoca, o 4 de xaneiro ás 10:00 horas no local do sindicato, unha asemblea aberta a todos os traballadores e traballadoras afectadas polo convenio provincial de limpeza de edificios e locais. En breve comezará a negociación do novo texto pois a vixencia do anterior rematou o pasado 31 de decembro.

O PP organiza unha cea “solidaria” no hotel dunha deputada que non paga ao persoal

Pazo de Libunca
16/12/10.
O PP vai celebrar o 17 de decembro unha cea “solidaria” no Hotel Pazo Libunca, en Narón, propiedade de Natalia Barros, deputada autonómica polo partido e responsábel de que os seus empregados non cobren desde outubro e, nalgún caso, mesmo desde abril. O hotel presentou un ERE e as autoridades encargadas da súa resolución estarán presentes na cea, ao igual que Núñez Feijóo, segundo manifesta a CIG-Servizos de Ferrol.

CIG-Servizos de Ferrol anuncia un calendario de mobilizacións para os vindeiros días

Asemblea Ferrol
15/11/10.
CIG-Servizos de Ferrol celebrará o 16 de novembro unha asemblea de afiliados e afiliadas, ás 20:00 horas no local da Unión Comarcal, na que dará a coñecer o calendario de mobilizacións para as vindeiras xornadas. Un día máis tarde, a Federación apoiará en Compostela, ás 11:00 horas en San Caetano, o persoal do Centro de Educación Especial “Terra de Ferrol” contra a privatización do “Souto da Leixa”.

Distribuir contido