Ferrol

Persoal do almacén de Narón de Pull&Bear inicia mobilizacións para mellorar o acordo de empresa

pull_and_bear_naron
21/7/10.
Empregados do Almacén Loxístico de Pull&Bear iniciaron mobilizacións o 20 de xullo diante do centro de traballo, situado no polígono naronés de Río do Pozo, para demandar que o novo acordo de empresa conteña melloras salariais e sociais. As protestas retomaranse no mes de setembro.

O CIS Galicia, dependente da Xunta, prescinde de seis traballadores en Ferrol

30/6/10.
O CIS Galicia (Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía), dependente dunha fundación da Xunta, prescindiu na súa sede de Ferrol dos servizos de seguridade, conserxaría e mantemento, decisión que supón a perda de seis postos. CIG-Servizos e o persoal afectado acusan o Goberno galego de fomentar a perda de empregos en Ferrolterra e de deixar a sede do CIS Galicia desprovista de servizos básicos.

Aprazado o xuízo contra Geriatros polo despedimento dunha delegada do comité

PICT0006.JPG
16/6/10.
O xuízo contra Geriatros polo despedimento dunha delegada do comité previsto para o 16 de xuño en Ferrol ficou aprazado até o 2 de xullo pois os representantes da compañía non entregaron a tempo a documentación que lle reclaman os avogados da CIG. Ás portas dos xulgados ferroláns desenvolveuse unha concentración solidaria con esta compañeira despedida en marzo pasado no xeriátrico de Laraxe (Cabanas).

Persoal de axuda a domicilio do Concello de Ferrol mobilízase na defensa dos postos

dya_serviasistencia_ferrol.jpg
10/6/10.
Traballadores e traballadoras da Asociación DYA e de Serviasistencia, empresas concesionarias do servizo de axuda a domicilio do Concello de Ferrol, iniciaron mobilizacións o 10 de xuño na defensa dos seus postos e para demandar información sobre que compañías van ser as novas adxudicatarias.

As asembleas comarcais de Vigo e Ferrol renovan os organismos de dirección

transito_fernandez_cristina_martinez_ces
14/5/10.
As asembleas comarcais da CIG-Servizos de Vigo e Ferrol celebradas en días pasados elixiron os e as representantes nos diferentes organismos federais e confederais. María do Tránsito Fernández repite como secretaria comarcal de Vigo e Cristina Martínez Ces é a nova responsábel da Federación na bisbarra ferrolá. En ambos procesos só concorreu unha candidatura.

Empregados protestan ante a sede viguesa de Geriatros contra o despedimento de dous delegados

20100504_geriatros_vigo.jpg
05/5/10.
Traballadores e delegados das residencias privadas da terceira idade desenvolveron un acto de protesta en Vigo, o 4 de maio, diante da sede da empresa Geriatros en demanda da readmisión de dous delegados despedidos nas residencias de Laraxe (Cabanas) e Vilanova e contra o bloqueo da negociación do convenio colectivo.

Convocada folga na residencia Geriatros de Cabanas contra o despedimento dunha delegada do comité

Geriatros_laraxe.jpg
19/3/10.
CIG-Servizos convocou folga na residencia da terceira idade Geriatros de Laraxe (Cabanas) para os días 8, 15 e 22 de abril como medida de protesta contra o despedimento dunha delegada do comité. Esta represalia é unha advertencia ao persoal do resto de xeriátricos da empresa para que non reclame melloras como as conseguidas no centro de Laraxe. Porén estes intentos serán inútiles.

Persoal da limpeza de todo o país solidarízase coas despedidas nun Alcampo de Vigo

20100304_alcampo_vigo.jpg
05/3/10.
Concentracións simultáneas ás portas dos Alcampo de Coia (Vigo), A Coruña, Ferrol e Compostela mostraron, o 4 de marzo, a solidariedade coas 12 traballadoras da limpeza despedidas recentemente na cidade olívica ao non seren subrogadas á nova contrata do servizo.

O persoal de instalacións deportivas traslada ás rúas as súas demandas

Marcha solidaria na Coruña por un convenio galego de instalacións deportivas 7
18/1/10.
Do mesmo xeito que en convocatorias anteriores, a terceira fase na folga de instalacións deportivas está a rexistrar un amplo seguimento que se visualiza co peche de ducias de centros por toda a xeografía nacional. Mentres, marchas solidarias cos traballadores e traballadoras do sector percorreron as rúas coruñesas e ferrolás o 17 de xaneiro.

Aumentan as protestas do Comercio de Alimentación a dous días para a folga

Ferrol: protesta no Comercio de Alimentación 2
25/11/09.
O persoal do Comercio de Alimentación das provincias da Coruña e Pontevedra continúa coas protestas previas á xornada de folga do 27 de novembro. Traballadores e traballadoras concentráronse, o 24 de novembro, diante de estabelecementos das principais empresas do sector na Coruña, Ferrol, Narón, Compostela, Milladoiro, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

Distribuir contido