Francisco Parada

Traballadores de Francisco Parada comezan unha peregrinación a Compostela

20100310_francisco_parada_06.jpg
05/5/10.
Varios empregados de Francisco Parada aos que a empresa lles adebeda mensualidades iniciaron o 5 de maio en Sarria unha peregrinación a pé até Compostela, a onde confían chegar catro días máis tarde. Mentres, o propietario da compañía querelouse contra o asesor sindical da CIG por “calumnias e inxurias” por chamalo moroso, cualificativo que resulta obvio ao teor das débedas cuantiosas que o patrón ten contraídas con asalariados seus.

Persoal de Francisco Parada participa nunha “procesión” para manifestar o seu propio calvario

20100331_francisco_parada_via_crucis.jpg
03/4/10.
Os traballadores de Francisco Parada seguen adiante coas protestas para lle reclamar ao patrón o pagamento das mensualidades, que nalgúns casos se demora até sete meses. Persoal da empresa realizou unha “procesión” o 31 de marzo na Coruña que decorreu entre a tenda da rúa Fernando Macías e a vivenda do propio Parada.

Francisco Parada segue adebedando máis de sete mensualidades

Francisco Parada, autocolante
23/3/10.
Francisco Parada, propietario dos estabelecementos homónimos, segue sen pagar os salarios a traballadores da súa empresa. A resposta da CIG-Servizos prosegue con contundencia e o 23 de marzo houbo unha nova concentración fronte á tenda da rúa Fernando Macías da Coruña. Existen casos de empregados que levan máis de sete meses sen percibir o soldo.

Continúan as concentracións fronte a Francisco Parada

concentracion_francisco_parada.jpg
11/3/10.
Integrantes da CIG-Servizos continúan a se concentrar periodicamente fronte a estabelecementos de Francisco Parada para demandar o pagamento dos salarios a boa parte do persoal. Mesmo hai casos de traballadores que levan sete meses sen percibir o soldo. A tenda da rúa Fernando Macías da Coruña volveu ser o 10 de marzo o centro das protestas que o sindicato vén desenvolvendo dende hai unhas semanas.

Os traballadores de Francisco Parada mobilízanse para reclamar o cobro dos atrasos

20100224_francisco_parada.jpg
18/2/10.
O persoal de Francisco Parada, empresa dedicada á comercialización e instalación de materiais de alta gama para cuartos de baños, iniciou o 18 de febreiro mobilizacións na Coruña para reclamar o pagamento dos atrasos salariais, que en moitos casos chegan até os seis meses. Os traballadores tiveron que recorrer á Xustiza para conseguir a rescisión dos seus contratos, pois o empresario négase sistematicamente a proceder ao despedimento.

Distribuir contido