grandes almacéns

A Xustiza revoga unha sanción a un delegado de Leroy Merlin en Compostela

Logotipo Leroy Merlin
21/11/11.
O Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela anulou unha sanción a un membro do comité e delegado da CIG en Leroy Merlin. A empresa castigara o operario cunha suspensión de emprego e soldo durante catro días por unha falta de puntualidade. Sen embargo, o presente fallo reproba a empresa por non ter tramitado correctamente o expediente disciplinario e condénaa a lle abonar as cantidades correspondentes ao traballador polos catro días que non percibiu o soldo.

Retómanse as protestas contra os despedimentos no Carrefour de Lugo

20110920_carrefour_lugo
21/9/11.
CIG-Servizos de Lugo protagonizou, o 20 de setembro, unha protesta nas instalacións do Carrefour da cidade para denunciar os despedimentos de tres empregadas da sección de chacinaría ocorridos meses atrás. A central retoma así o calendario de mobilizacións, iniciado en maio, coincidindo coa proximidade da celebración do xuízo.

Continúan as protestas de repulsa ante os despedimentos en Carrefour

concentracion_carrefour_lugo_25-05-2011.jpg
25/5/11.
CIG-Servizos de Lugo prosegue co calendario de mobilizacións ás portas do SMAC contra os tres despedimentos acontecidos recentemente na sección de chacinaría do Carrefour da cidade. A Federación manifesta o seu propósito de continuar coas protestas, mesmo no propio hipermercado, en caso de que a empresa non readmita as compañeiras.

Iníciase en Lugo unha campaña de denuncia do acoso en Carrefour

carrefour_lugo_concentracion_19-05-2011.jpg
24/5/11.
A Federación de Servizos da CIG organizou o 19 de maio a primeira das concentracións de repulsa previstas contra a vaga de despedimentos de traballadoras no Carrefour de Lugo. A protesta realizouse diante do SMAC da cidade en coincidencia co primeiro acto de conciliación. As mobilizacións repetiranse diante deste organismo administrativo e tamén perante o propio hipermercado.

A Xunta quere ampliar ilegalmente os días de apertura dos comercios en domingos e festivos

20081017_folga_comercio_corunha_07
13/4/10.
A Xunta remitiu aos sindicatos un borrador de decreto para ampliar no que resta de ano en catro días, no caso da cidade de Compostela, e en dous nos demais concellos do país, o límite legal de oito xornadas anuais en que os comercios están autorizados a abrir en domingos e festivos. De aprobarse, o decreto será manifestamente ilegal por vulnerar, entre outras normas, o artigo 9.1 da Lei 13/2006 de Horarios Comerciais de Galiza. O Goberno autonómico actúa ao ditado dos intereses da asociación empresarial ANGED, a grande patronal da distribución, tal como recoñece no escrito enviado ás centrais sindicais.

Os comités dos Alcampo de Vigo proseguen coas mobilizacións contra o cambio de horarios

09/1/10.
Continúan as concentracións do persoal dos Alcampo de Vigo contra a intención da empresa de modificar os horarios de maneira unilateral. Traballadores e traballadoras, apoiados pola CIG-Servizos, mobilizáronse o 7 de xaneiro ás portas dos estabelecementos que a multinacional francesa posúe en Coia e na avenida de Madrid.

Os empregados dos Alcampo vigueses mobilizaranse contra o cambio de horarios

16/12/09.
A asemblea de traballadores/as dos Alcampo de Vigo decidiu presentar un conflito colectivo e mobilizarse contra a modificación dos horarios imposta pola multinacional francesa de grandes almacéns. As primeiras concentracións celebraranse os días 19 e 23 de decembro.

FASGA e FETICO asinan a modificación de horarios en El Corte Inglés

30/9/09.
Os sindicatos FASGA e FETICO asinaron coa empresa a modificación dos horarios en El Corte Inglés. CIG-Servizos non se resigna e segue coa súa campaña de denuncia desta medida antiobreira adoptada pola empresa e avalada polas centrais amarelas nunha reunión do comité intercentros.

O sindicato nacionalista informará do acontecido o persoal doutras empresas afectadas polo convenio de Grandes Almacéns (Alcampo, Carrefour e Leroy Merlin) en previsión de que nelas tamén se modifiquen os horarios.

Iníciase unha campaña contra a modificación dos horarios en El Corte Inglés

eci_logo.jpg
24/9/09.
CIG-Servizos iniciou unha campaña informativa entre as traballadoras e traballadores de “El Corte Inglés” para advertilos da posibilidade, máis que probábel, de que a empresa lles modifique os horarios coa plena conivencia de FETICO e FASGA, responsábeis da sinatura do convenio de Grandes Almacéns, recentemente rubricado e que supón unha clara regresión nas condicións salariais e sociais do persoal.

O convenio de Grandes Almacéns hipoteca até 2012 o poder adquisitivo do persoal

12/8/09.
CIG-Servizos fai unha valoración negativa do convenio de Grandes Almacéns, rubricado o pasado 5 de agosto entre a patronal ANGED e os sindicatos amarelos FETICO e FASGA no máis absoluto escurantismo e coa exclusión da central nacionalista da mesa negociadora.

Distribuir contido