Hostalaría

CIG-Servizos vence en Serunión nas eleccións ao comité provincial coruñés

Eleccións sindicais
30/6/11.
CIG-Servizos acadou maioría absoluta ao conseguir 7 dos 13 delegados do comité de empresa de Serunión na provincia da Coruña. O órgano de representación do persoal, que é de nova creación, tamén contará coa presenza de UGT, que obtivo os seis delegados restantes. A Federación congratúlase por estes resultados excelentes e agradece a confianza depositada na súa lista.

O persoal do Pazo de Libunca prosegue coas xornadas de folga

Pazo de Libunca
25/4/11.
Os traballadores e traballadoras do Pazo de Libunca, pertencentes á empresa N. Barros Gestión Hotelera, secundaron novas xornadas de folga os días 22 e 23 de abril como medida de protesta polos impagamentos que veñen sufrindo desde hai meses.

CIG-Servizos solicita un embargo preventivo para que cobren os empregados do Pazo de Libunca

cristina_martinez_padin_fran_cartelle.jpg
13/4/11.
O persoal do Pazo de Libunca aínda non percibiu parte dos salarios de decembro e xaneiro. Esta circunstancia levou a CIG-Servizos a solicitar un embargo preventivo das cantidades que varias entidades e partidos políticos teñen pendentes de pagamento con este estabelecemento hostaleiro naronés, propiedade da deputada autonómica do PP Natalia Barros. Os días 16, 22 e 23 de abril hai convocados paros de 24 horas.

CIG-Servizos mobilízase en contra dos despedimentos no Gran Hotel de Lugo

Contra os despedimentos no Gran Hotel de Lugo 4
17/2/11.
Militantes da CIG-Servizos de Lugo realizaron o 17 de febreiro unha concentración diante do Gran Hotel, sito na rúa Ramón Ferreiro, en repulsa polo despedimento recente de 12 empregados. Ese mesmo día, o persoal secundou un paro dunha hora.

O PP organiza unha cea “solidaria” no hotel dunha deputada que non paga ao persoal

Pazo de Libunca
16/12/10.
O PP vai celebrar o 17 de decembro unha cea “solidaria” no Hotel Pazo Libunca, en Narón, propiedade de Natalia Barros, deputada autonómica polo partido e responsábel de que os seus empregados non cobren desde outubro e, nalgún caso, mesmo desde abril. O hotel presentou un ERE e as autoridades encargadas da súa resolución estarán presentes na cea, ao igual que Núñez Feijóo, segundo manifesta a CIG-Servizos de Ferrol.

CIG-Servizos convoca folga no restaurante ourensán “San Miguel”

Hostalaría en loita
15/12/10.
CIG-Servizos convocou folga no restaurante “San Miguel”, en Ourense, para os días 17, 18 e 31 de decembro para o 5 de xaneiro co obxecto de reclamar os salarios adebedados ao cadro de persoal, que leva catro meses sen os percibir. A decisión de ir aos paros foi tomada por unanimidade.

A cadea de restaurantes “Agapes-Flunch” despide tres afiliadas en Vigo

20100113_flunch_vigo.2.jpg
14/1/10.
A cadea de restaurantes “Agapes-Flunch” despediu nos días pasados tres afiliadas da CIG-Servizos no centro de traballo situado no Alcampo de Coia, en Vigo. As compañeiras tiñan unha antigüidade na empresa próxima aos 25 anos e dúas delas foran delegadas do comité. A compañía alega causas económicas nos despedimentos, extremo que non comparte a central nacionalista. CIG-Servizos organizou unha concentración solidaria o 13 de xaneiro ás portas deste estabelecemento hostaleiro.

Reabre a cafetaría do persoal do CHUAC logo de tres semanas de protestas

Chocolatada no CHUAC 1
30/9/09.
A cafetaría do persoal do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) vén de retomar a súa actividade logo de permanecer tres semanas pechada por un conflito entre a concesionaria, Serunión, e a xerencia do hospital herculino.

Tras máis de catro horas de xuntanza, a xerencia do CHUAC e Serunión chegaron a un entendemento o 28 de setembro. O acordo atinxido contempla que a concesión do servizo se prorrogará durante un ano, período durante o que a dirección do hospital convocará un novo concurso.

Chamamento á afiliación do comercio vario e da hostalaría para reclamar os atrasos

20081128_folga_comercio_corunha_05.jpg
21/9/09.
CIG-Servizos fai un chamamento a toda a súa afiliación que traballa no Comercio vario da provincia da Coruña e na Hostalaría das provincias pontevedresa e coruñesa para que acuda aos locais do sindicato coa intención de reclamar os atrasos.

O persoal do Comercio vario coruñés pode reclamar as cantidades adebedadas dos anos 2008 e 2009, do mesmo xeito que os traballadores e traballadoras da Hostalaría pontevedresa. Pola súa banda, os empregados e empregadas da Hostalaría da provincia da Coruña poden solicitar os atrasos correspondentes á revisión salarial de 2009.

Pecha a cafetaría do persoal do CHUAC por decisión da concesionaria

20090915_cafeteria_chuac_01.jpg
15/9/09.
CIG-Servizos quere trasladar o seu apoio os 22 empregados da cafetería do persoal do CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario da Coruña), pertencentes á empresa adxudicataria Serunión S.A., tralo peche do centro de traballo decretado por esta como consecuencia da finalización da concesión.

Distribuir contido