Inditex

Novas accións en Vigo para reivindicar o desbloqueo dos convenios colectivos de varios sectores

Membros da CIG, CCOO e UGT protestaron en dúas tendas do grupo Inditex para que a patronal inicie as negociacións
03/12/12.
A CIG-Servizos de Vigo, xunto con CCOO e UGT, desenvolveu hoxe novas mobilizacións no marco da campaña iniciada recentemente a nivel nacional para presionar á patronal coa fin de desbloquear as negociacións dos convenios de comercio vario, comercio alimentación, téxtil e hostalería. A secretaria comarcal, Transi Fernández, advirte de que a vixencia destes convenios remata en xullo e que, coa nova reforma laboral aprobada polo PP, a partir de entón “van perder eficacia, poden perder a súa ultraactividade e, polo tanto desaparecer”. A consecuencia inmediata podería ser a perda dos dereitos salariais, laborais e sociais conquistados nos últimos anos.

Concentración ás portas de Massimo Dutti contra a modificación das condicións de traballo

A empresa, do Grupo Inditex, pretende eliminar o sistema de comisións global por un individualizado que na práctica suporá unha
09/10/12.
A CIG-Servizos realizou unha concentración este martes ás portas dunha das tendas de Massimo Dutti (propiedade do Grupo Inditex) na Coruña, en protesta pola modificación substancial das condicións de traballo que a empresa pretende impor ao conxunto das traballadoras e traballadores.

Condenan Inditex por contratar esquirois para substituír o persoal que participou na folga xeral de 2011

20120323_rolda_de_prensa_inditex.jpg
23/3/12.
O Xulgado do Social número 2 da Coruña condenou Inditex por comportamento antisindical pois vulnerou os dereitos fundamentais do persoal que secundou a folga do 27 de xaneiro de 2011 na tenda Stradivarius de Catro Camiños. A empresa contratou traballadoras a través dunha ETT para substituír as empregadas que apoiaron o paro.

Persoal de Zara segue a denunciar fraude na contratación

Zara da Praza de Galiza de Compostela (foto de Galiza Contrainfo)
11/10/11.
Persoal de Zara da provincia da Coruña concentrouse, o 11 de outubro, diante do estabelecemento da Praza de Galiza de Compostela para denunciar o incumprimento do convenio. As traballadoras a tempo parcial están vendo como se lles conculca o dereito preferente de incrementar a súa xornada fronte á celebración de novas contratacións.

Empregadas de Zara mobilízanse contra o abuso da contratación a tempo parcial

Protesta no Zara de Juana de Vega, A Coruña 07
13/5/11.
Medio cento de traballadoras, convocadas polo comité de empresa e apoiadas pola CIG-Servizos e outras centrais, participaron o 13 de maio nunha concentración diante do Zara da rúa coruñesa de Juana de Vega para manifestar a súa oposición ao abuso da contratación a tempo parcial que comete esta firma do emporio de Amancio Ortega.

O sindicato aumenta considerabelmente as delegadas no comité pontevedrés de Zara

Zara
15/4/11.
A Federación de Servizos da CIG pasou de ter dúas a cinco delegadas no comité de Zara da provincia de Pontevedra logo dos resultados acadados nas eleccións celebradas o 14 de abril. A central nacionalista convértese na segunda máis votada, a tan só sete papeletas de CC.OO, na segunda ocasión en que presenta candidatura.

CIG-Servizos acada a totalidade do comité de Bershka en Pontevedra

Eleccións sindicais
24/3/11.
A Federación de Servizos da CIG obtivo cinco delegadas, a totalidade do comité, nas eleccións celebradas nos centros de traballo de Bershka na provincia de Pontevedra o 23 de marzo. A central coida que esta vitoria electoral é consecuencia da loita e do traballo sindical incansábel desenvolvido durante os últimos catro anos no comercio téxtil.

Medio cento de persoas reclama a readmisión da afiliada despedida en Oysho

16/10/10.
Medio cento de solidarios e solidarias respondeu o 15 de outubro á chamada mobilizadora da CIG-Servizos coruñesa en apoio á readmisión dunha afiliada despedida recentemente no Oysho do centro comercial Dolce Vita. Estaba previsto que se celebrase a concentración diante do propio estabelecemento mais axentes da policía española e membros da seguridade privada impedírono e obrigaron os sindicalistas a realizar a protesta no exterior da grande superficie.

Oysho, do Grupo Inditex, despide unha traballadora por ser da CIG

11/10/10.
O Grupo Inditex, por medio da súa firma Oysho, despediu na Coruña unha empregada por estar afiliada á CIG e por desenvolver unha actividade sindical destacada no seu centro de traballo. CIG-Servizos está a utilizar todos os instrumentos xurídicos ao seu alcance para conseguir a nulidade do despedimento e tamén se ha mobilizar co obxecto de acadar a readmisión da compañeira. O 15 de outubro, ás 17:00 horas, haberá unha concentración diante do Oysho do centro comercial Dolce Vita, o mesmo onde traballaba a operaria represaliada.

Referendado un preacordo no almacén de Pull&Bear que contempla unha suba do 16´5% en tres anos

05/10/10.
As asembleas de traballadores do almacén loxístico de Pull&Bear referendaron o preacordo atinxido coa empresa na noite do 4 de outubro, que reportará aos operarios, entre outros aspectos, unha suba do 16´5% nos seus tres anos de vixencia. Ademais do incremento salarial, acadáronse melloras sociais relativas a licenzas retribuídas, excedencias, xornadas mínimas ou libranzas os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro. O cadro de persoal volverá aos seus postos o 6 de outubro.

Distribuir contido