Linorsa

CIG foi a forza máis votada nas eleccións sindicais na empresa Linorsa na provincia de Pontevedra

A central nacionalista tamén logrou as cinco delegadas/os do comité de empresa de Bershka a nivel provincial
26/3/15.
A federación de Servizos da CIG foi a forza máis votada nas eleccións sindiciais celebradas este martes na empresa Linorsa no conxunto da provincia de Pontevedra, ao sumar 54 apoios e cinco delegadas/os. A central nacionalista tamén logrou as cinco delegadas/os que se escollían no comité provincial de Bershka, sendo o único sindicato que foi quen de presentar candidatura.

Intensifícanse as mobilizacións do persoal de Linorsa polos atrasos no pago dos salarios

Dende a CIG-Servizos demándase das administracións que rescaten as concesións ante os reiterados incumprimentos da empresa
19/11/14.
As protestas que as traballadoras e traballadores de Limpiezas de Noroeste (Linorsa) veñen desenvolvendo dende o verán, estanse a intensificar nestes días ante os reiterados incumprimentos no pago dos salarios. E mentres o persoal de Ourense segue coa folga, as traballadoras/es de Pontevedra, Vigo e Lugo realizaron novas concentracións este mércores.

O persoal de Linorsa continúa coas mobilizacións en demanda do pagamento dos seus salarios

Demandan do alcalde de Santiago que actúe de inmediato rescatando o servizo ou rescindindo o contrato coa empresa
14/11/14.
As traballadoras de Linorsa continuaron esta semana coa súa campaña de mobilizacións en demanda de que lles sexan abonados os seus salarios. Deste xeito, alén de manifestarse diante do pazo de Raxoi, tamén acudiron a actos aos que asistiu o alcalde de Santiago para demandarlle unha actuación inmediata do concello que entenden debería rescindir o contrato coa empresa e rescatar o servizo.

As/os traballadoras/es de Linorsa de Lugo continúan as protestas contra os atrasos no pago dos salarios

A empresa aínda abonou onte o 75% do salario de setembro que tiña pendente
04/11/14.
O persoal de Linorsa –empresa que ten adxudicadas contratas de limpeza das distintas administracións en toda Galiza- vese obrigado a continuar coas mobilizacións ante os reiterados atrasos no cobro dos salarios. Para enfrontar esta situación, a CIG-Servizos de Lugo desenvolve ao longo desta semana protestas en varios centros da provincia.

“Linorsa non paga e as administracións calan”

Persoal dos servizos de limpeza na Coruña mobilizouse en demanda do cobro dos seus salarios e non descarta ir á folga indefinida
28/10/14.
Traballadoras e traballadores dos servizos de limpeza que Linorsa ten adxudicados na cidade da Coruña (Estación de Autobuses, Delegación e Subdelegación do Goberno, Universidade, Aduanas, AENA, e museos científicos municipais) mobilizáronse este martes para reclamar o cobro dos seus salarios, xa que a día de hoxe, a empresa só abonou o 25% da nómina de setembro e témese que tampouco pague a mensualidade de outubro.

Pontevedra acolleu unha nova protesta contra os impagos de salario por parte de Linorsa

As afectadas/os manterán as mobilizacións até que a empresa lles abone a totalidade das débedas
08/9/14.
Un grupo de traballadores/as de Linorsa, empresa concesionaria da limpeza en dependencias públicas de todo o país, levou a cabo esta mañá unha concentración de protesta fronte á delegación de Sanidade en Pontevedra para reclamar o pago de salarios. A compañía abonou hoxe mesmo a metade do soldo de agosto que se lles adebeda e comprometeuse a ingresar a outra metade antes do 20 de outubro, mais as afectadas/os decidiron manter as mobilizacións até que non reciban todos os cartos.

Nova protesta do persoal de Linorsa para esixir o cobro inmediato dos salarios

Nesta ocasión a mobilización realizouse diante do edificio multiusos da Xunta en Lugo
05/9/14.
Linorsa continúa cos atrasos no pago dos salarios ás súas traballadoras e traballadores. Por iso, este venres, persoal da empresa concentrouse diante do edificio multiusos da Xunta en Lugo para esixir a Linorsa que cumpra co estabelecido nos convenios colectivos e abone de xeito inmediato os salarios de agosto.

Persoal de Linorsa inicia mobilizacións polo atraso no pago da nómina de xullo

Traballadoras/es de limpeza do Hospital do Barbanza concentráronse para reclamar o cobro dos salarios
20/8/14.
Traballadoras e traballadores de limpeza do Hospital do Barbanza concentráronse na mañá do martes diante do centro sanitario para reclamar a Linorsa, concesionaria do servizo, que pague de inmediato os salarios do mes de xullo. A situación de atraso, explican dende a CIG-Servizos, estase a dar de xeito xeneralizado nas múltiples contratas que ten a empresa en toda Galiza.

A CIG denuncia atrasos continuados no cobro de salarios na limpeza dos colexios públicos de Ourense

CIG-Servizos recláma aos responsábeis municipais que esixan á adxudicataria Linorsa o cumprimento das condicións do contrato
10/12/13.
A federación de Servizos da CIG vén de denunciar publicamente que os empregados/as da limpeza dos colexios públicos de Ourense están a sufrir atrasos continuados no cobro de salarios e reclámalle aos responsábeis municipais que lle esixan a Limpiezas del Noroeste (Linorsa), adxudicataria do servizo, o cumprimento das condicións do contrato.

Caballero tenta calar as demandas dos operarios/as das contratas, negándolles a entrada ao pleno

A pesar de que durante a mañá puideron acceder ao salón de plenos, un decreto non publicado impediu que entrasen á tarde
30/1/13.
Traballadores/as e delegados/as da CIG-Servizos nas diferentes contratas municipais seguen a demandar solucións por parte do concello de Abel Caballero no tocante ás diferentes problemáticas de precarización, despedimentos e abusos que se veñen incrementando nos últimos tempos. Fronte a negativa da alcaldía a escoitar sequera as reivindicacións, decidiron protestar de novo durante o pleno no que se ían aprobar os orzamentos municipais.

Distribuir contido