manifestación

Difundidos os horarios e puntos de partida da “Marcha galega polo emprego”

Folga xeral, manifestación en Vigo (29-09-2010)
14/6/11.
A CIG deu a coñecer os horarios e lugares de onde sairán os participantes na “Marcha galega polo emprego”, unha iniciativa que pretende mobilizar desempregados de todo o país que irán a pé até Compostela desde Ferrol, A Coruña, Cee, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense. Unha vez que alcancen a capital nacional, o 3 de xullo, tomarán parte nunha manifestación.

A CIG convoca a “Marcha galega polo emprego” entre os días 29 de xuño e 3 de xullo

Eleccións sindicais
10/6/11.
A CIG presentou a “Marcha galega polo emprego”, unha grande mobilización na que se agarda que tomen parte desempregados/as de toda Galiza, que percorrerán a pé o país. Os participantes partirán das cidades o 29 de xuño e rematarán en Compostela o 3 de xullo cunha manifestación nacional. Con esta marcha preténdese sensibilizar a poboación ante o grande problema que supón o paro e esixir a posta en marcha de toda unha serie de medidas que permitan o crecemento económico e a creación de emprego.

Máis de 6.000 persoas acoden á marcha da CIG e do sindicalismo abertzale

5593497442_60ac872a08_o.jpg
06/4/11.
Algo máis de 6.000 persoas -1.500 delas desprazadas desde Galiza- secundaron o 5 de abril en Madrid a manifestación convocada pola CIG, a maioría sindical vasca (ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU), a central catalá CSC e a canaria IC. A marcha, que rematou fronte ao Ministerio de Traballo, decorreu baixo o lema “Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”.

CIG-Servizos fai patente na rúa a súa oposición ao convenio de seguridade privada

20101214_mani_seguridade_vigo
15/12/10.
CIG-Servizos reuniu o 14 de decembro en Vigo algo máis dun cento de delegados e traballadores da seguridade privada na manifestación de protesta contra o convenio asinado en Madrid, que consagra a perda de poder adquisitivo, entre outras consecuencias negativas. Na marcha tamén se reivindicou a negociación dun convenio galego sectorial como solución ás demandas dos vixilantes.

Centos de persoas apoian nunha marcha a loita da limpeza dos colexios vigueses

20101203 Vigo, manifestación do persoal de limpeza dos colexios públicos
06/12/10.
Unhas 300 persoas secundaron o 3 de decembro en Vigo a manifestación convocada pola CIG-Servizos en apoio ás traballadoras da limpeza dos colexios públicos da cidade, que permanecen en folga desde o 15 de novembro. O sindicato puxo a venda bonos solidarios como consecuencia da prolongación do conflito por mor do inmobilismo do Concello e da concesionaria, Linorsa.

Manifestación nacional contra o convenio de seguridade o 14 de decembro en Vigo

20091204_seguridade_corunha_11
29/11/10.
CIG-Servizos convoca, o 14 de decembro en Vigo, unha manifestación nacional contra a sinatura do convenio estatal de seguridade privada. A marcha partirá ás 10:30 horas desde a Praza de España e percorrerá diversas rúas do centro da cidade. A Federación fretará autobuses desde as comarcas.

A CIG manifestarase o 18-N contra as reformas antisociais

Manifestación 1º de maio na Coruña en 2008
13/11/10.
A CIG manifestarase o 18 de novembro nas cidades do país en contra das reformas antisociais e profundamente lesivas contra a clase traballadora que emprendeu o Goberno español. As marchas tamén servirán para censurar os orzamentos regresivos da Xunta de Galiza. O sindicato entende que os traballadores e traballadoras deben defender os seus dereitos mobilizándose, así como loitar por un modelo económico xusto e solidario.

A CIG anima a participar nas manifestacións que convoca o 29-S

27/9/10.
A Confederación Intersindical Galega anima todos os traballadores e traballadoras de Galiza, así como a cidadanía en xeral, a participaren nas manifestacións que convoca o 29 de setembro na rúas de Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía, Noia, Foz e Cee.

CIG-Servizos convoca unha manifestación de vixilantes na apertura do IKEA coruñés

09/7/10.
CIG-Servizos anima todos os vixilantes de seguridade a asistir á manifestación que convocou en coincidencia coa inauguración do IKEA na Coruña o 20 de xullo. A protesta servirá para dar a coñecer á cidadanía as demandas do sector, que reclama un convenio digno e con dereitos. A marcha dará comezo ás 10:00 horas.

Centos de bombeiros reclaman en Lugo a xestión pública dos parques comarcais

20100520_bombeiros_lugo
21/5/10.
Medio cento de bombeiros e demais persoal de emerxencias deuse cita en Lugo o 20 de maio na manifestación en defensa da xestión pública deste servizo. Ao remate da marcha representantes sindicais entrevistáronse co presidente da Deputación, a quen instaron a manter o compromiso adquirido pola entidade que dirixe de que o futuro consorcio provincial sexa explotado directamente polas administracións públicas.

Distribuir contido