mobilizacións

A segunda fase da folga nos deportes logra pechar de novo as instalacións

20091222_folga_deportes.jpg
23/12/09.
Persoal das instalacións deportivas de toda Galiza desprazouse a Compostela o 22 de decembro para participar nunha concentración convocada diante das dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte. Tras ocupar durante máis de media hora as oficinas, os traballadores saíron en manifestación até as dependencias da Xunta en San Lázaro. Deste xeito, púxose fin a catro xornadas consecutivas de paros e mobilizacións en demanda da negociación do convenio colectivo. O seguimento da folga volveu ser do 90%.

Traballadores dos xeriátricos espallan cueiros usados diante da Delegación de Benestar na Coruña

20091217_xeriatricos_corunha_01.JPG
17/12/09.
O persoal das residencias privadas da terceira idade retomou o 17 de decembro na Coruña o calendario de mobilizacións con concentracións diante do xeriátrico Concepción Arenal, xerido por Mapfre-Quavitae, e da Delegación Territorial da Consellaría de Traballo e Benestar, en cuxas portas algúns manifestantes espallaron cueiros usados en sinal de rexeitamento pola inhibición deste departamento autonómico.

Os empregados dos Alcampo vigueses mobilizaranse contra o cambio de horarios

16/12/09.
A asemblea de traballadores/as dos Alcampo de Vigo decidiu presentar un conflito colectivo e mobilizarse contra a modificación dos horarios imposta pola multinacional francesa de grandes almacéns. As primeiras concentracións celebraranse os días 19 e 23 de decembro.

O xerente do CHUAC comprométese co persoal a mediar coas empresas de limpeza

20091215_limpeza_chuac.jpg
16/12/09.
O xerente do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) comprometeuse con representantes da CIG-Servizos a mediar coas concesionarias da limpeza para que estas apliquen os convenios colectivos. Mentres, o calendario de mobilizacións continuará até que se produzan avances nas reclamacións dos empregados/as.

Continúa a campaña de denuncia dos despedimentos en Daviña

20091211_davinha_compostela_01.jpg
11/12/09.
CIG-Servizos de Compostela segue adiante coas concentracións contra os despedimentos de traballadoras, entre elas a delegada de persoal, en Daviña División Comercial, empresa de venda de electrodomésticos. O 11 de decembro a protesta trasladouse até o estabelecemento da rúa República de El Salvador.

A limpeza do CHUAC, disposta a convocar folga se as empresas seguen a incumprir os convenios

11/12/09.
O persoal dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) continúa co calendario de mobilizacións para esixir ás empresas concesionarias o cumprimento estrito dos convenios colectivos.

Retómanse as mobilizacións na seguridade privada

Acción da seguridade privada na Coruña 9
04/12/09.
Persoal de seguridade privada retomou o 4 de decembro na Coruña as accións de protesta para reactivar a negociación colectiva, paralizada como consecuencia das ofertas regresivas da patronal. Traballadores montaron barricadas nos accesos das instalacións de Prosegur en Agrela (A Coruña) e impediron a saída de furgóns blindados durante tres horas.

O persoal de limpeza do CHUAC mobilízase para esixir ás concesionarias o cumprimento dos convenios

20091201_limpeza_chuac.jpg
01/12/09.
O persoal dos servizos de limpeza dos centros adscritos ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) iniciou o 1 de decembro un calendario de mobilizacións para reclamar ás empresas concesionarias do servizo o cumprimento estrito dos convenios colectivos. CIG-Servizos non descarta convocar folga de non solucionarse a situación.

Amplo seguimento no primeiro día de folga nas instalacións deportivas

20091126_folga_deportes_corunha
26/11/09.
Máis do 90% dos traballadores e traballadoras das instalacións deportivas de Galiza secundaron o 26 de novembro a primeira das tres xornadas de folga convocadas no sector en demanda dun convenio digno. Os paros estiveron acompañados de concentracións en diferentes cidades do país. A folga proseguirá o 28 e 30 deste mes.

Lugo albergou unha nova concentración do conflito dos xeriátricos

20091125_xeriatricos_lugo.jpg
26/11/09.
A residencia Mapfre en Castro Ribeiras de Lea (Lugo) foi un novo escenario onde se desenvolveu, o 25 de novembro, unha concentración de protesta dos traballadores/as dos xeriátricos dentro da campaña de mobilizacións para reclamar un convenio digno.

Distribuir contido