mobilizacións

Aumentan as protestas do Comercio de Alimentación a dous días para a folga

Ferrol: protesta no Comercio de Alimentación 2
25/11/09.
O persoal do Comercio de Alimentación das provincias da Coruña e Pontevedra continúa coas protestas previas á xornada de folga do 27 de novembro. Traballadores e traballadoras concentráronse, o 24 de novembro, diante de estabelecementos das principais empresas do sector na Coruña, Ferrol, Narón, Compostela, Milladoiro, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

Comezan as mobilizacións do Comercio de Alimentación

Protesta en Piadela 1
23/11/09.
Concentracións en Betanzos, Poio e Ferrol serviron como punto de partida da campaña de mobilizacións no Comercio de Alimentación da Coruña e Pontevedra, cuxos traballadores/as están en pugna para conseguir convenios dignos. As protestas sucederanse ao longo desta semana até desembocar na folga do 27 de novembro, que afectará o persoal do sector en ambas provincias.

O persoal do Comercio de Alimentación pontevedrés tamén irá á folga o 27 de novembro

folga_comercio_alimentacion_pontevedra.jpg
19/11/09.
Traballadoras e traballadores do Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra decidiron en asembleas acudir á folga o 27 de novembro como resposta ao desplante patronal na mesa de negociación do convenio. Deste xeito, a folga afectará máis de 30.000 empregados/as e uns 2.200 estabelecementos entre as provincias pontevedresa e coruñesa.

O Comercio de Alimentación coruñés aproba a convocatoria de folga

Asemblea do Comercio de Alimentación na Coruña
18/11/09.
As asembleas do Comercio de Alimentación celebradas na Coruña, Compostela e Ferrol na noite do 17 de novembro aprobaron de maneira case unánime convocar folga na provincia para o 27 deste mes. Os paros serán indefinidos a partir do 9 de decembro. Do mesmo xeito, acordouse un calendario de mobilizacións que comeza o 23 de novembro cunha concentración diante da nave de distribución de Gadisa, en Piadela (Betanzos).

Proseguen as concentracións contra os despedimentos en Daviña

Concentración en Área Central contra os despedimentos en Daviña 10
13/11/09.
CIG-Servizos de Compostela segue adiante coas concentracións diante das tendas de electrodomésticos Daviña, compañía que pechou recentemente o estabelecemento do Milladoiro e que despediu dúas traballadoras, unha delas delegada de persoal. O 12 de novembro a protesta desenvolveuse no centro comercial Área Central.

Intensifícase a campaña informativa sobre o conflito do Comercio de Alimentación

Bandeiras fronte ao Lidl
11/11/09.
A menos dunha semana da celebración das asembleas do persoal do Comercio de Alimentación da Coruña e Pontevedra nas que probabelmente se aprobe a convocatoria de folga, CIG-Servizos está a visitar múltiples centros de traballo para concienciar os empregados da importancia de se mobilizar para conseguir convenios dignos.

O persoal dos xeriátricos estabelece un novo calendario de mobilizacións

xeriatricos_vigo_manifa.jpg
10/11/09.
Os traballadores e traballadoras das Residencias Privadas da Terceira Idade estabeleceron un novo calendario de protestas para demandar un convenio digno para este sector, que emprega 5.000 persoas na Galiza. Lugo, Chantada, Narón e A Coruña han ser os próximos destinos das mobilizacións.

Bombeiros do Morrazo péchanse na Deputación para reclamar a fin das represalias da concesionaria

Peche na Deputación dos Bombeiros do Morrazo 3
10/11/09.
Bombeiros do Parque Comarcal do Morrazo continúan coas protestas para rexeitar a actitude despótica da concesionaria, Celta Prix, que despediu un traballador e sancionou dous máis. Os profesionais de Emerxencias permaneceron durante seis horas pechados na Deputación de Pontevedra o 9 de novembro como medida de presión para que a institución provincial medie no conflito. Os traballadores foron desaloxados pola policía española.

Daviña pecha a tenda do Milladoiro e despide dúas traballadoras, entre elas a delegada de persoal

Contra os despedimentos en Daviña 4
09/11/09.
A empresa de electrodomésticos Daviña vén de pechar o centro de traballo do Milladoiro (Ames) e de despedir dúas empregadas, unha delas delegada de persoal. CIG-Servizos iniciou unha campaña de protesta cunha concentración diante dun estabelecemento da compañía en Compostela.

Unha marcha polo centro de Vigo visualiza o conflito dos xeriátricos

20091104_xeriatricos_vigo.jpg
05/11/09.
Por volta dun centenar de traballadores tomou parte nunha concentración e posterior marcha polas rúas de Vigo para demandar un convenio digno e con dereitos para o sector dos xeriátricos privados. Os manifestantes comezaron a xornada congregándose no exterior da residencia Sanitas, na rúa do Conde da cidade olívica.

Distribuir contido