Narón

Convocados paros e folga no almacén de Pull&Bear de Narón

14/9/10.
O cadro de persoal do almacén loxístico de Pull&Bear de Narón está convocado a unha folga que se estenderá do 28 de setembro até as 03:00 horas do 1 de outubro. Do mesmo xeito, os traballadores e traballadoras están a secundar exitosamente paros dunha hora os domingos e martes nas quendas de mañá e noite. Todas estas accións de protesta están encamiñadas á consecución dun pacto de empresa con melloras salariais e sociais. No caso de que non se produzan avances, a folga repetirase novamente os días 5, 6, 7, 10 e 11 de outubro.

Persoal do almacén de Narón de Pull&Bear inicia mobilizacións para mellorar o acordo de empresa

pull_and_bear_naron
21/7/10.
Empregados do Almacén Loxístico de Pull&Bear iniciaron mobilizacións o 20 de xullo diante do centro de traballo, situado no polígono naronés de Río do Pozo, para demandar que o novo acordo de empresa conteña melloras salariais e sociais. As protestas retomaranse no mes de setembro.

Aumentan as protestas do Comercio de Alimentación a dous días para a folga

Ferrol: protesta no Comercio de Alimentación 2
25/11/09.
O persoal do Comercio de Alimentación das provincias da Coruña e Pontevedra continúa coas protestas previas á xornada de folga do 27 de novembro. Traballadores e traballadoras concentráronse, o 24 de novembro, diante de estabelecementos das principais empresas do sector na Coruña, Ferrol, Narón, Compostela, Milladoiro, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.

Traballadores da seguridade privada do centro comercial de Narón convocan unha nova folga

19/10/09.
O persoal de seguridade do centro comercial de Narón terá que se mobilizar máis unha vez debido a que a empresa Syser non lle pagou o salario de setembro. Entre as medidas de presión encóntrase unha nova convocatoria de folga.

As protestas repetiranse pois os traballadores/as sufriron unha situación idéntica o mes pasado cando aínda non percibiran a paga extraordinaria de xullo nin a mensualidade de agosto.

Desconvócase a folga en Syser tralo pagamento dos salarios aos vixilantes

24/9/09.
A empresa de seguridade Syser ingresoulles, o 24 de setembro, as cantidades adebedadas aos traballadores (paga extra de xullo e salario de agosto). Por tanto, a folga que estaba previsto que comezase o 25 de setembro ficou desconvocada.

Syser é a contrata encargada do servizo de seguridade no centro comercial de Narón. Os vixilantes, apoiados pola CIG-Servizos, mobilizáronse o pasado 21 de setembro na grande superficie comercial para esixir o pagamento dos salarios, agora abonados.

Haberá folga en Syser, contrata da seguridade privada no centro comercial de Narón

17/9/09.
Os traballadores Syser, empresa encargada da seguridade do centro comercial de Narón, manterán seis xornadas de folga para esixir o pagamento das nóminas atrasadas. A día de hoxe, a empresa, con sede nas Illas Canarias, ten pendentes de aboar aos vixilantes a paga extraordinaria de xullo e a mensualidade de agosto.

Traballadores do servizo de seguridade do centro comercial de Narón levan un mes sen cobrar

15/9/09.
Os cinco traballadores da empresa Syser, concesionaria da seguridade privada do centro comercial de Narón, aínda non percibiron o último salario nin a paga extraordinaria. Por este motivo, a CIG-Servizos de Ferrol mobilizouse xa en dúas ocasións, a última o 11 de setembro.

A central sindical nacionalista tamén solicitou unha reunión coa xerencia do centro comercial para que medie neste conflito coa intención de buscar unha solución ao impagamento de salarios.

Distribuir contido