persecución sindical

Agudízase a represión no Parque Comarcal de Bombeiros do Morrazo

29/10/09.
Celta Prix, á parte de faltar ao seu compromiso de se reunir coa CIG-Servizos e a Deputación para buscar unha solución dialogada ao despedimento dun bombeiro, aumentou a represión sobre o persoal do Parque Comarcal do Morrazo. A concesionaria sancionou cunha falta moi grave o delegado de persoal e cunha suspensión de emprego e soldo durante once días o irmán do despedido.

Multiauto bota dous traballadores por promoveren eleccións na empresa

DSC01738_grande.jpg
14/7/09.
Novo caso de represión sindical. A empresa Multiauto vén de despedir dous traballadores en Compostela que pretendían emprenderen eleccións sindicais na empresa. Delegados e delegadas da CIG-Servizos manifestaron o seu rexeitamento a este desplante patronal por medio dunha concentración o 14 de xullo diante das instalacións que Leaseplan, principal cliente de Multiauto, posúe no Polígono do Tambre.

As eleccións repetiranse en DIA e FETICO pide a anulación das candidaturas disidentes

20080718_isidro_de_la_cal_02.jpg
09/7/09.
As eleccións hanse repetir en Supermercados DIA da provincia da Coruña logo de que a CIG impugnase o proceso polas irregularidades detectadas no voto por correo. FETICO tamén impugnou mais por motivos ben diferentes. O sindicato empresarial pide a anulación das candidaturas disidentes.

As votacións ao comité de empresa provincial hanse repetir como consecuencia do ditame dun laudo arbitral. Nas eleccións celebradas o pasado 23 de xuño constatouse que FETICO non conta co apoio da maioría das traballadoras.

Supermercados DIA ameaza con despedir traballadoras por ir nas listas da CIG

supermercados_dia_copia.jpg
19/6/09.
Supermercados DIA está a exercer unha campaña incesante de acoso laboral, ameazas e persecución sindical contras as traballadoras que optaron por integrarse na candidatura da CIG. Un total de 16 empregadas presentaron a súa renuncia tras comprobar como os xefes as ameazaban con despedilas ou trasladalas de centro. Malia o acoso, a CIG conseguiu rexistrar unha candidatura para as eleccións do comité de empresa provincial da Coruña de Supermercados DIA.

Distribuir contido