preacordo

Atinxido un preacordo na concesionaria do mantemento dos xardíns vigueses

LOGO_CIG-SERVIZOS.JPG
13/7/11.
A asemblea do persoal de Cespa do servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo aprobou, o 12 de xullo, a oferta de convenio presentada pola empresa. CIG-Servizos considera o preacordo un avance pero insuficiente pois non contempla revisión salarial, circunstancia que repercutirá negativamente no poder adquisitivo dos empregados e empregadas. Do mesmo xeito, o pacto vincula o día de asuntos propios ao absentismo laboral, condición que non comparte o sindicato. Porén, acordouse a creación de seis contratos fixos, dúas persoas por cada ano de vixencia. O comité rubricará o documento con Cespa nos vindeiros días.

Referendado un preacordo no almacén de Pull&Bear que contempla unha suba do 16´5% en tres anos

05/10/10.
As asembleas de traballadores do almacén loxístico de Pull&Bear referendaron o preacordo atinxido coa empresa na noite do 4 de outubro, que reportará aos operarios, entre outros aspectos, unha suba do 16´5% nos seus tres anos de vixencia. Ademais do incremento salarial, acadáronse melloras sociais relativas a licenzas retribuídas, excedencias, xornadas mínimas ou libranzas os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro. O cadro de persoal volverá aos seus postos o 6 de outubro.

CC.OO e UGT asinan un preacordo no comercio téxtil pontevedrés sen o referendar as asembleas

FolgaTextilPo3.grande.JPG
30/7/10.
CC.OO e UGT asinaron un preacordo no convenio provincial do comercio téxtil de Pontevedra que non foi sometido a votación nas asembleas, que incumpre a plataforma sindical e que non satisfai os obxectivos marcados trala folga do 1 de xullo. CIG-Servizos entende que as dúas centrais españolas pactaron coa patronal un convenio á baixa e de maneira precipitada. Esta traizón bota por terra os intereses das traballadoras e traballadores dun sector que soubo reivindicar os seus dereitos coa realización dunha folga exemplar.

Atinxido un principio de acordo no conflito dos deportes

08/3/10.
Unha mediación no Consello Galego de Relacións Laborais conseguiu que empresarios e sindicatos alcanzasen, o 8 de marzo, un principio de acordo na negociación do convenio de instalacións deportivas que pon fin á folga indefinida iniciada o 1 de febreiro.

CC.OO e UGT rubrican un preacordo no comercio de alimentación coruñés sen consultalo cos traballadores

Folga no comercio de alimentación: piquete na Coruña 12
05/12/09.
CC.OO e UGT asinaron coa patronal, o 4 de decembro, un preacordo sobre o convenio do comercio de alimentación da provincia da Coruña que desconvoca a folga do día 9 e que ignora as necesidades do persoal dos almacéns e oficinas. Ambas centrais rubricaron o texto sen consultalo previamente cos traballadores/as. O 10 de decembro o preacordo será sometido a votación en asembleas na Coruña, Compostela e Ferrol.

CC.OO, UGT e FETICO asinan un preacordo no comercio de alimentación pontevedrés

Folga no Comercio de Alimentación en Vigo 7
03/12/09.
As centrais CC.OO, UGT e FETICO asinaron un preacordo no convenio do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra nunha mediación do AGA que se estendeu desde as 16:00 horas do 2 de decembro até as 02:00 horas do día posterior. CIG-Servizos non rubricou o texto ao estar en desacordo coa vixencia (tres anos) e co incremento retributivo, entre outras cuestións. O persoal está convocado a asembleas, o 4 de decembro ás 22:00 horas nos locais da CIG en Vigo e Pontevedra, para someter a votación o preacordo.

Atinxido un preacordo no convenio de Axuda a Domicilio

23/10/09.
Tras oito xuntanzas de mesa negociadora, sindicatos e patronal alcanzaron un preacordo sobre o convenio de Axuda a Domicilio. O texto pactado polas partes contempla unha vixencia de tres anos (2009-2011) e unha equiparación salarial co convenio estatal, isto é, do IPC real máis 2 puntos.

Distribuir contido