provincia de Ourense

Asinado o convenio do comercio de alimentación da provincia de Ourense

Folga no comercio de alimentación: piquete na Coruña 5
28/4/11.
Sindicatos, entre eles a CIG-Servizos, asinaron coa patronal, o 25 de abril, o convenio do comercio de alimentación da provincia de Ourense dos anos 2011-2012. Pactouse, entre diversos aspectos, unha suba de 30 euros ao mes para cada ano de vixencia, un incremento do plus de actividade do 3´6% para o 2011 ou que nas empresas con máis de 30 traballadores haxa un mínimo do 75% de emprego fixo.

Asinado o convenio provincial de Limpeza hospitalaria de Ourense, que inclúe subas do 5%

sinatura_convenio_limpeza_hosp_ourense_recortada.jpg
21/11/09.
O convenio de Limpeza hospitalaria da provincia ourensá dos anos 2009-2010 foi asinado o 20 de novembro. O texto contempla a maior suba salarial acadada este ano na provincia, 5% de media para todos os traballadores/as, e outorga aproximadamente 500 euros a cada un en concepto de atrasos.

Publicados os festivos locais de 2010 da provincia de Ourense

05/11/09.
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publicou, na súa edición do 22 de outubro, a relación de festivos locais para 2010. Estas xornadas serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperábeis, dentro dos respectivos termos municipais.

A folga na Limpeza hospitalaria ourensá será os días 16, 17, 18 e 19 de novembro

02/11/09.
Os persoal da limpeza das institucións hospitalarias da provincia de Ourense decidiu que a folga sexa os días 16, 17, 18 e 19 de novembro. Os paros han ser indefinidos a partir do 21 deste mes se antes non se alcanza un acordo.

EUROLIMP,S.A., empresa maioritaria, está a boicotear as negociacións con propostas que cuestionan a base do convenio como a equiparación salarial dos traballadores e traballadoras co persoal do grupo E do SERGAS, que se vén aplicando desde hai 20 anos.

Haberá folga na Limpeza hospitalaria de Ourense

30/10/09.
Os e as traballadoras da limpeza do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), pertencentes á empresa EUROLIMP, decidiron por unanimidade a convocatoria de folga ademais doutras mobilizacións no sector, que agrupa todos os centros hospitalarios do SERGAS na provincia. A falta de acordo na negociación do convenio motiva a realización dos paros.

Distribuir contido