readmisión

SEAGA non paga os salarios de tramitación a dous traballadores readmitidos

Asemblea e manifestación de SEAGA 10
30/3/10.
A empresa pública SEAGA, dependente da Consellaría de Medio Rural, readmitiu dous representantes sindicais da CIG mais non lles aboou os salarios de tramitación, aqueles que lles corresponden desde o momento en que foron despedidos até o intre en que se produciu a readmisión. Deste modo, o departamento autonómico dirixido por Samuel Juárez incumpre unha sentenza ditada neste sentido por un xulgado do Social de Ourense. A asesoría xurídica da CIG solicitará ao órgano xurisdicional a execución íntegra do fallo.

Readmitidas as 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia

Protesta Alcampo Coia
22/3/10.
As 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia (Vigo) que foran despedidas reincorporáronse o 22 de marzo aos seus postos logo de que a multinacional francesa recapacitase e optase por cambiar de contrata do servizo e esta aceptase subrogar as empregadas. CIG-Servizos felicítase por este desenlace satisfactorio ao conseguírense a readmisión das compañeiras e o cumprimento do convenio.

Despiden a outra compañeira en Compostela

foto_despido_Noa.JPG
03/12/09.

Como xa pasara hai un ano co despido (improcedente) da compañeira  Noa Mallo nesa mesma tenda, a empresa rescinde agora o contrato doutra  traballadora que quería facer valer os seus dereitos.  Aducen baixo rendemento e faltas de respeto á responsable. Non hai moito tempo presentouse un escrito denunciando as tentativas por parte desta persoa de facer cambios nos horarios da compañeira despedida e tamén o trato ameazante e despectivo que tivo hacia ela cando víu que non o podía levar a cabo.

 

Multiauto é condenada a readmitir os dous empregados despedidos por promoveren eleccións

multiauto_2.jpg
25/11/09.
Un xulgado compostelán ven de condenar Multiauto a readmitir dous traballadores que despedira no verán por promoveren eleccións nesta empresa dedicada ao transporte de automóbiles de alugueiro da compañía Leaseplan. A sentenza declara nulos os despedimentos ao se tratar dun caso de persecución sindical.

CIG-Servizos gaña as dúas primeiras demandas contra SEAGA

32_grande.jpg
11/8/09.
O Xulgado do Social número 2 de Ourense vén de declarar improcedentes os despedimentos de dous traballadores da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, SEAGA. As sentenzas obrigan a sociedade a readmitir ou indemnizar estes empregados.

A Xustiza estima que, en ambos casos, SEAGA cometeu fraude de Lei na contratación (os dous traballadores foran contratados por obra e servizo, cando terían que ser indefinidos) e, por tanto, os seus despedimentos son improcedentes. Ambos empregados poden elixir entre seren readmitidos nas mesmas condicións que rexían antes de producírense os despedimentos, ou ben seren indemnizados.

Distribuir contido