saúde laboral

O comité de Zara Logística denuncia incumprimentos da Lei de Prevención

Concentración do comité de Zara Logística diante da mutua Fraternidad (04-09-2007)
30/7/10.
Os cinco sindicatos presentes no comité de empresa de Zara Logística, S.A. (CIG, CGT, COG, UXT e CC.OO.) decidiron por unanimidade iniciar unha campaña de denuncia dos incumprimentos en materia de prevención de riscos, seguridade e saúde laboral que se detectan no seu centro, que é o almacén de distribución máis grande do Grupo Inditex no mundo. Os representantes dos traballadores rexistraron unha denuncia na sede coruñesa da Inspección de Traballo o 30 de xullo.

Celebradas con éxito as xornadas de Saúde Laboral para o persoal de Seguridade e Limpeza hospitalaria

IMG_0016.jpg
19/10/09.
As xornadas nacionais de Saúde Laboral destinadas ao persoal de Seguridade privada e de Limpeza hospitalaria, que organizou CIG-Servizos o 15 de outubro en Compostela, foron todo un éxito. Nos encontros analizouse tamén a situación actual da negociación colectiva en ambos sectores.

No caso da Seguridade privada, abordáronse de igual xeito outros temas que incumben os traballadores como o intrusismo existente na profesión ou a estratexia sindical que se debe trazar no sector a curto e medio prazo.

CIG-Servizos organiza unha xornada de Saúde Laboral destinada ao persoal de Limpeza hospitalaria

08/10/09.
CIG-Servizos organiza o 15 de outubro unha xornada de Saúde Laboral destinada ao persoal de Limpeza hospitalaria. A cita hase desenvolver desde as 11:00 horas no Hotel Congreso, en Compostela (km. 3 da estrada que comunica a capital de Galiza con A Estrada).

Compostela acollerá a IV Xornada Nacional de Seguridade Privada da CIG-Servizos

xornada_seguridade_20091015.jpg
07/10/09.
O Hotel Congreso de Compostela acollerá o 15 de outubro a celebración da IV Xornada Nacional de Seguridade Privada que organiza a CIG-Servizos. No encontro informarase da negociación do convenio e analizaranse a estratexia no sector a curto e medio prazo, ademais do intrusismo ou as eleccións sindicais, entre outros temas.

Distribuir contido