SEAGA

O Supremo abre a porta a que o persoal de SEAGA pase a formar parte do PLADIGA

Asemblea e manifestación de SEAGA 8
14/12/11.
Varias sentenzas do Tribunal Supremo recoñecen que a contratación en SEAGA é fraudulenta por apostar pola modalidade de obra e servizo no canto de que os traballadores sexan fixos-descontinuos. Ademais, o Alto Tribunal español ofrece a posibilidade de que os 2.000 empregados de SEAGA reclamen por cesión ilegal para pasar a formar parte do PLADIGA (Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia), que está conformado por persoal laboral da Xunta.

A Xunta só conta cunha cuarta parte do operativo contra os lumes en plena temporada de risco

Protesta de SEAGA en San Caetano IV
29/6/11.
CIG-Servizos denuncia a falta de medios de prevención e extinción de lumes, unha carencia que se ve agudizada nestas datas nas que comeza a temporada de risco de incendios forestais. A Xunta tan só contratou algo máis dun milleiro de traballadores, o que representa unha cuarta parte do operativo de extinción. O sindicato e mailos comités provinciais anunciaron mobilizacións e mesmo a convocatoria dunha folga durante o verán.

Comunicado dos comités provinciais de SEAGA ante a morte dos dous compañeiros no incendio de Fornelos

Comités provinciais de SEAGA
01/9/10.
Os representantes dos traballadores denuncian a precariedade das condicións laborais nesta empresa pública, cuxo persoal conta con equipos de protección individual inadecuados ou con contratos que en moitos casos non superan os 20 días. Acusan a Xunta de fomentar un modelo que concibe a extinción como un negocio que dá prioridade ao aforro de custes en detrimento da prevención.

SEAGA non paga os salarios de tramitación a dous traballadores readmitidos

Asemblea e manifestación de SEAGA 10
30/3/10.
A empresa pública SEAGA, dependente da Consellaría de Medio Rural, readmitiu dous representantes sindicais da CIG mais non lles aboou os salarios de tramitación, aqueles que lles corresponden desde o momento en que foron despedidos até o intre en que se produciu a readmisión. Deste modo, o departamento autonómico dirixido por Samuel Juárez incumpre unha sentenza ditada neste sentido por un xulgado do Social de Ourense. A asesoría xurídica da CIG solicitará ao órgano xurisdicional a execución íntegra do fallo.

Os comités de SEAGA instan os traballadores a que denuncien en masa a empresa

Asemblea e manifestación de SEAGA 11
01/10/09.
Os comités provinciais de SEAGA animan os traballadores a denunciaren a empresa masivamente pola fraude na contratación, demostrada por sucesivas sentenzas xudiciais e informes da Inspección de Traballo. Xa se están a producir de maneira gradual os despedimentos do persoal de extinción como consecuencia da finalización da campaña de lumes.

O persoal de SEAGA segue sen saber cal vai ser o seu futuro

Protesta de SEAGA no mitin do PP en Silleda 1
28/9/09.
As mobilizacións do cadro de persoal da empresa pública SEAGA seguen adiante. Traballadores e traballadoras trasladáronse até Silleda o 26 de setembro para facer ouvir as súas demandas ante os dirixentes da Xunta que asistiron a un mitin do Partido Popular.

Uns 30 empregados de SEAGA, convocados polos comités provinciais, concentráronse nos accesos ao recinto feiral de Silleda onde nese momento se estaba a celebrar un acto partidario do PP. Os traballadores portaron faixas cos lemas “Servizo público, emprego estábel”, “SEAGA solución” e “Persoal SEAGA, futuro?".

Persoal de SEAGA insiste en se reunir co conselleiro de Medio Rural

SEAGA_SAN_CAETANO.jpg
17/9/09.
Non abonda con que a Xustiza ditamine que os contratos en SEAGA sexan fraudulentos e os despedimentos improcedentes para que o conselleiro de Medio Rural, o “popular” Samuel Juárez, se digne en recibir os representantes dos traballadores desta empresa pública. Mentres, prosegue a precariedade nunha sociedade na que o 100% do cadro de persoal é eventual.

CIG-Servizos gaña as dúas primeiras demandas contra SEAGA

32_grande.jpg
11/8/09.
O Xulgado do Social número 2 de Ourense vén de declarar improcedentes os despedimentos de dous traballadores da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, SEAGA. As sentenzas obrigan a sociedade a readmitir ou indemnizar estes empregados.

A Xustiza estima que, en ambos casos, SEAGA cometeu fraude de Lei na contratación (os dous traballadores foran contratados por obra e servizo, cando terían que ser indefinidos) e, por tanto, os seus despedimentos son improcedentes. Ambos empregados poden elixir entre seren readmitidos nas mesmas condicións que rexían antes de producírense os despedimentos, ou ben seren indemnizados.

Distribuir contido