seguridade privada

As centrais recórdanlle á patronal da seguridade que o prioritario é revisar os salarios

20101214_mani_seguridade_vigo
11/1/12.
Os catro sindicatos más representativos da seguridade privada no Estado (UGT, CC.OO, USO e CIG-Servizos) explicáronlles aos empresarios que nestes momentos o prioritario é dar cumprimento ao artigo 73 e aplicar a revisión salarial do ano 2012. As centrais só estarían dispostas a estudar a ampliación do convenio até 2014 unha vez que se reúna a comisión paritaria e se asinen as táboas. A patronal insiste en manifestar que o incremento salarial pactado en convenio ocasionaría “importantes consecuencias” no emprego do sector da seguridade privada.

ESABE rebaixa as gratificacións extraordinarias ao persoal

ESABE
04/1/12.
A empresa de seguridade privada ESABE Vigilancia rebaixou a contía das gratificacións extraordinarias ao excluír do seu cálculo os pluses de vestiario e transporte. A compañía ampárase no artigo 71 do convenio sectorial e alega que estivo pagando erroneamente estes conceptos. ESABE, non obstante, non é tan dilixente á hora de solucionar os problemas xerados nos cobramentos das nóminas, das pagas, das liquidacións ou no tocante á uniformidade ou aos exercicios de tiro. Mentres, os empregados da provincia de Pontevedra xa convocaron mobilizacións.

A patronal da seguridade privada non quere aplicar a suba salarial de 2012

P1490044_grande.jpg
29/12/11.
A patronal da seguridade privada quere diferir durante tres anos o incremento salarial acordado no convenio para 2012 (IPC real de 2011 máis o 2%), o que implicaría a ampliación da súa vixencia dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014. Esta proposta fixéronllela os empresarios aos sindicatos nunha xuntanza celebrada en Madrid o 29 de decembro. CIG-Servizos anunciou a convocatoria dunha asemblea nacional de delegados do sector, que se realizará no local de Compostela o 12 de xaneiro, ás 17:00 horas.

Un mando da Guardia Civil acosa un delegado por motivos ideolóxicos

20111107_picolo_acosa_afiliado
07/11/11.
O sarxento da Guardia Civil do Aeroporto de Lavacolla está acosando un delegado da CIG-Servizos, vixilante de seguridade privada, por cuestións ideolóxicas, políticas e sindicais. Ademais, este mando do corpo militar español impídelle ao traballador o acceso á zona restrinxida do aeródromo, circunstancia que o obriga a prestar os seus servizos no aparcadoiro e nos exteriores. O sindicato organizou o 7 de novembro unha concentración nas propias instalacións aeroportuarias para esixir o cesamento do acoso ao traballador e o respecto aos seus dereitos fundamentais.

Prosegur acosa un traballador por ir nas listas da CIG-Servizos

20090225_prosegur_agrela_07.jpg
28/10/11.
A empresa de seguridade Prosegur trasladou de centro un afiliado como represalia por ter participado na candidatura da CIG-Servizos nas eleccións sindicais. A Federación comarcal de Ferrol convoca unha concentración contra o acoso laboral e en solidariedade co compañeiro que se ha desenvolver o 2 de novembro, ás 09:00 horas, fronte aos xulgados da cidade, onde nese momento se vai celebrar a vista por este caso.

Os asuntos propios non contan como tempo traballado e terán que recuperarse na seguridade privada

P1490056_grande.jpg
26/4/11.
Os días de asuntos propios non computan como tempo efectivo de traballo e deberán recuperarse aos efectos do cumprimento da xornada laboral no convenio de seguridade privada. Así o resolveu o Tribunal Supremo ao estimar o recurso de casación que presentara Securitas contra unha sentenza da Audiencia Nacional, agora anulada, que lles daba a razón aos sindicatos neste tema.

Editado o convenio de seguridade privada do período 2009-2012

LOGO_CIG-SERVIZOS.JPG
09/3/11.
CIG-Servizos vén de editar o convenio colectivo de seguridade privada do período 2009-2012. Dita publicación tamén contén unha análise crítica, realizada pola central, deste texto que consagra a perda de poder adquisitivo, entre outras consecuencias negativas para os e as vixilantes. O sindicato segue a reclamar con forza a creación dun convenio colectivo galego.

O Ministerio do Interior dita cinco ordes de regulación do sector da seguridade privada

manifestacion_seguridade_privada_en_compostela_20-01-2009.jpg
21/2/11.
O Ministerio de Interior ditou cinco ordes que regulan o sector de seguridade privada en diferentes eidos como no relacionado coas comisións mixtas de coordinación, no tocante ás empresas, ao funcionamento dos sistemas de alarma, ás medidas de seguridade e ao persoal. Ditas normas poden ser consultadas e descargadas a través da web da CIG-Servizos.

O Ministerio de Traballo insta a modificar artigos do convenio de seguridade

inauguracion_ikea.jpg
20/1/11.
O Ministerio de Traballo ditou unha resolución na que insta a comisión negociadora do convenio de seguridade privada a modificar varios preceptos do texto, pendente de publicación no BOE, por non axustarse a Dereito. O departamento ministerial concedeu un prazo de 10 días para presentar alegacións.

CIG-Servizos fai patente na rúa a súa oposición ao convenio de seguridade privada

20101214_mani_seguridade_vigo
15/12/10.
CIG-Servizos reuniu o 14 de decembro en Vigo algo máis dun cento de delegados e traballadores da seguridade privada na manifestación de protesta contra o convenio asinado en Madrid, que consagra a perda de poder adquisitivo, entre outras consecuencias negativas. Na marcha tamén se reivindicou a negociación dun convenio galego sectorial como solución ás demandas dos vixilantes.

Distribuir contido