seguridade privada

Prosegur acosa un traballador por ir nas listas da CIG-Servizos

20090225_prosegur_agrela_07.jpg
28/10/11.
A empresa de seguridade Prosegur trasladou de centro un afiliado como represalia por ter participado na candidatura da CIG-Servizos nas eleccións sindicais. A Federación comarcal de Ferrol convoca unha concentración contra o acoso laboral e en solidariedade co compañeiro que se ha desenvolver o 2 de novembro, ás 09:00 horas, fronte aos xulgados da cidade, onde nese momento se vai celebrar a vista por este caso.

Os asuntos propios non contan como tempo traballado e terán que recuperarse na seguridade privada

P1490056_grande.jpg
26/4/11.
Os días de asuntos propios non computan como tempo efectivo de traballo e deberán recuperarse aos efectos do cumprimento da xornada laboral no convenio de seguridade privada. Así o resolveu o Tribunal Supremo ao estimar o recurso de casación que presentara Securitas contra unha sentenza da Audiencia Nacional, agora anulada, que lles daba a razón aos sindicatos neste tema.

Editado o convenio de seguridade privada do período 2009-2012

LOGO_CIG-SERVIZOS.JPG
09/3/11.
CIG-Servizos vén de editar o convenio colectivo de seguridade privada do período 2009-2012. Dita publicación tamén contén unha análise crítica, realizada pola central, deste texto que consagra a perda de poder adquisitivo, entre outras consecuencias negativas para os e as vixilantes. O sindicato segue a reclamar con forza a creación dun convenio colectivo galego.

O Ministerio do Interior dita cinco ordes de regulación do sector da seguridade privada

manifestacion_seguridade_privada_en_compostela_20-01-2009.jpg
21/2/11.
O Ministerio de Interior ditou cinco ordes que regulan o sector de seguridade privada en diferentes eidos como no relacionado coas comisións mixtas de coordinación, no tocante ás empresas, ao funcionamento dos sistemas de alarma, ás medidas de seguridade e ao persoal. Ditas normas poden ser consultadas e descargadas a través da web da CIG-Servizos.

O Ministerio de Traballo insta a modificar artigos do convenio de seguridade

inauguracion_ikea.jpg
20/1/11.
O Ministerio de Traballo ditou unha resolución na que insta a comisión negociadora do convenio de seguridade privada a modificar varios preceptos do texto, pendente de publicación no BOE, por non axustarse a Dereito. O departamento ministerial concedeu un prazo de 10 días para presentar alegacións.

CIG-Servizos fai patente na rúa a súa oposición ao convenio de seguridade privada

20101214_mani_seguridade_vigo
15/12/10.
CIG-Servizos reuniu o 14 de decembro en Vigo algo máis dun cento de delegados e traballadores da seguridade privada na manifestación de protesta contra o convenio asinado en Madrid, que consagra a perda de poder adquisitivo, entre outras consecuencias negativas. Na marcha tamén se reivindicou a negociación dun convenio galego sectorial como solución ás demandas dos vixilantes.

Manifestación nacional contra o convenio de seguridade o 14 de decembro en Vigo

20091204_seguridade_corunha_11
29/11/10.
CIG-Servizos convoca, o 14 de decembro en Vigo, unha manifestación nacional contra a sinatura do convenio estatal de seguridade privada. A marcha partirá ás 10:30 horas desde a Praza de España e percorrerá diversas rúas do centro da cidade. A Federación fretará autobuses desde as comarcas.

UGT e USO asinan o convenio de seguridade privada

20090225_prosegur_agrela_07.jpg
16/11/10.
Non houbo lugar a sorpresas e cumpriuse o guión estabelecido pola patronal da seguridade privada. UGT e USO asinaron o convenio do período 2009-2012 pese a que o texto contén condicións peores que algunhas das propostas que presentaran os empresarios ao longo dos dous anos de negociación. O presente convenio ocasiona unha perda do poder adquisitivo do 2´2% e non arbitra medidas de conciliación da vida laboral e familiar, entre outras consecuencias negativas para os vixilantes.

UGT e USO dan por boa a proposta económica da patronal da seguridade privada

mani_seguridade_privada_b
08/11/10.
UGT e USO deron o seu beneplácito á proposta dos empresarios da seguridade privada, polo que a sinatura do convenio é inminente. CIG-Servizos rexeita esta oferta porque supón unha perda importante de poder adquisitivo, nomeadamente do 2´2%. A central nacionalista reitera a súa demanda do convenio galego como única solución ás necesidades dos vixilantes.

Vixilantes de seguridade protestan contra o bloqueo do convenio na apertura do IKEA

Concentración de seguridade privada na apertura do Ikea da Coruña
20/7/10.
Un cento de vixilantes de seguridade privada de toda Galiza tomou parte na concentración convocada pola CIG-Servizos o 20 de xullo en coincidencia coa apertura do estabelecemento de IKEA na Coruña. A protesta serviu para visualizar ante a cidadanía o rexeitamento do sector ante a parálise da negociación do convenio, estancada por mor da inflexibilidade da patronal.

Distribuir contido